A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO DESENROLA UN SIMULACRO DE EVACUACIÓN DESALOXANDO A MÁIS DE 750 PERSOAS EN 5 MINUTOS

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, destacou o éxito do exercicio e a colaboración e boa disposición dos voluntarios e dos funcionarios así coma dos usuarios e usuarias que neses momentos se atopaban no edificio.  

 Vigo, 29 de maio de 2012.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo desenrolou hoxe con éxito un simulacro de evacuación dun incendio co obxectivo de probar as instalacións en materia de prevención, logrando desaloxar a máis de 750 persoas nunha media de 5 minutos e cumprindo así coa normativa que obriga á realización deste tipo de exercicios.O feito que orixinou o simulacro de evacuación foi un incendio e, organizado pola Sección de Prevención de Riscos Laborais, deu comezo sobre as 10,30 horas da mañá coa sirena de alarma que percorreu as dúas torres o edificio administrativo. Os funcionarios e os usuarios e usuarias que se atopaban nese momento no interior do mesmo descenderon polas escadas ata abandonar, de forma ordenada, o edificio.A delegada territorial, María José Bravo Bosch, explicou que a realización do simulacro responde á normativa en materia de prevención e que todo transcorreu sen incidentes. “O más importante é preservar a seguridade, por iso fixemos este simulacro de evacuación”, dixo a responsable da Xunta en Vigo. “Creo que foi un éxito, e amosa que se sucede algo estaríamos preparados para afrontalo”, engadiu.O suposto incendio orixinouse, de forma ficticia, na quinta planta da Torre 2 do edificio da Praza da Estrela, decretándose así a activación do Plan de Emerxencia Xeral que supón a evacuación total do edificio.Como consecuencia destes feitos, máis de 530 traballadores e ao redor de 220 usuarios e usuarias que neses momentos se atopaban nas instalacións tiveron que abandonar as dúas torres. En concreto, o tempo de evacuación da Torre principal foi de 5,11 minutos mentres que no caso da Torre 2 foi de 4,46 minutos. Tamén foi desaloxada a escola infantil pública situada na planta baixa do edificio da Praza da Estrela. Neste caso, a evacuación produciuse nun tempo menor, en 2 minutos. “Os máis cativos tamén participaron neste exercicio, en total 27 nenos e nenas”, explicou Bravo Bosch, matizando que os nenos e nenas foron acompañados polas traballadoras do centro e desaloxados en berces –os máis cativos- e guiados a través de cordas –os de dous e tres anos-.Para executar esta manobra, os bombeiros, que acudiron con 2 vehículos ata a Praza da Estrela en 6 minutos, dende que recibiron a chamada e dende o parque municipal, comprobaron o desaloxo total das dúas torres e colaboraron co desaloxo das persoas que presentaban mobilidade reducida. Para levar a cabo este simulacro os funcionarios recibiron unhas charlas formativas durante tres días e varios deles, 91 en total, foron voluntarios e observadores converténdose nos responsables dos seus compañeiros en cada planta, guiándoos e dándolles as instrucións precisas para que abandonasen ordenadamente o edificio. Logo, os voluntarios, que levaban un chaleco reflectante, comprobaron que cada planta se encontraba completamente baleira e pecharon ventás e portas. A delegada territorial agradeceu aos traballadores, aos voluntarios e aos propios usuarios e usuarias que nese momento se atopaban no edificio a súa colaboración neste simulacro de evacuación. De feito, dúas persoas que acudiron á Xunta a facer os seus trámites tiveron que ser atendidas ao pensar que se trataba dun suceso real. Foron tranquilizadas polo equipo de primeiros auxilios e os voluntarios do grupo de acción persoal sen rexistrar maiores incidencias. Por último, Bravo Bosch fixo extensible o agradecemento da Xunta de Galicia aos membros dos  Bombeiros de Vigo, da Policía Nacional, Autonómica e Local, ao 112 e a Protección Civil pola súa colaboración “para que este exercicio fora todo un éxito e para que esteamos preparados de cara aos incidentes que poidan suceder”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: