Ayuntamiento de Vigo 29-05-12


Caballero asegura que os municipios españois defenden racionalizar as competencias das administracións

O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, indicou hoxe martes tras a reunión da Xunta de Goberno que a entidade fixo unha aposta decidida pola racionalización das funcións públicas. Para os membros, non ten sentido que os concellos paguen por competencias que ostentan as comunidades autónomas.

 


O Concello disporá 100 efectivos para vixilancia e salvamento en 10 praias de Vigo

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, informou hoxe martes do dispositivo que atenderá aos bañistas durante o verán nos areais vigueses, composto por un total de 100 persoas entre a Cruz Vermella, Policía Local, Protección Civil, coordinadores e socorristas en terra e mar. O servizo de socorrismo iníciase o próximo 15 de xuño.

 


Comeza o Festival Primavera do Cine

Dende este mércores día 30 e ata o sábado 2 de xuño, celebrase a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, organizado polos colectivos Musiquina33mg e Reencanto Produccións, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

 


Nova sesión dos “Cafés Literarios”

A avogada Elvira Landín comentará o libro “Persépolis” de Marjane Satrapi durante a sesión dos “Cafés Literarios” que terá lugar o mércores 30 de maio de 18:00 a 20:00 horas no Centro de Documentación da rúa Joaquín Yáñez 6,2º andar. O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas está formado por un grupo de persoas animadas polo gusto á lectura.

 

Pechada ao tráfico a rúa Issac Díaz Pardo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa ISAAC DIAZ PARDO, treito entre Baixada Igrexa e Regueiro, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 30 de maio de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: