A NOVA ORDE DO CHEQUE INFANTIL, DOTADA CUN ORZAMENTO DE 1,7 MILLONS DE EUROS, OUTORGARÁ A AXUDA DIRECTAMENTE
- A Consellería de Traballo e Benestar modifica a convocatoria destas subvencións (publicada hoxe no DOG) para que as familias poidan elixir libremente o centro no que se inscriben
- Ata o de agora, os que accedían a este vía debían elixir entre as instalacións adscritas a este programa do cheque infantil, e eran os xestores destas os que percibían a subvención
- Deste xeito, os pais terán máis facilidade e flexibilidade para escoller entre calquera centro autorizado, o que permitirá facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e adaptalos mellor ás súas necesidades
- O departamento autonómico incrementa este ano en 200.000 euros estas axudas con respecto ao curso anterior
- A contía a percibir polos usuarios por cada praza oscilará entre os 45 euros mensuais das rendas máis altas e os 250 euros para as rendas máis baixas
- O período de solicitude desta axuda será dun mes
O período de solicitude desta axuda será dun mes a partir da súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). A axuda percibirase por un período máximo de 11 meses.