XUNTA DESTINA 2 MILLÓNS DE EUROS A AXUDAS A PROXECTOS INNOVADORES QUE CONTRIBÚAN AO DESENVOLVEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO
A Consellería incentiva o I+D+i con subvencións á realización de proxectos piloto dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos.-. Na baremación dos proxectos terase en conta a contratación de persoas que remataran os seus estudos nos últimos 18 meses de persoas que perdesen o seu emprego nos últimos 18 meses e tamén aquelas maiores de 40 anos que estean inscritas no Servizo Galego de Colocación