Concellería de Economía e industria Galicia

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E DAS PRAZAS DE ABASTOS CON 2 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS

  A directora xeral de Comercio, Nava Castro, presentou esta mañá as axudas coas que sepotencian estas figuras estratéxicas do comercio de proximidade galego
Os apoios poden chegar ata os 54.000 euros no caso dos centros comerciais abertos e ata 14.000 para as asociacións das prazas de abastos
A convocatoria enmárcase no Plan Ágora, Agora Re-Comercia, centrado no impulso e protección ao comercio de proximidade, e serve para fomentar o asociacionismo entre o sector.

AS AUTORIDADES DE LUOYANG AMOSAN O SEU INTERESE POLO POTENCIAL DE GALICIA EN ENERXÍAS RENOVABLES E ANUNCIAN UNHA PRÓXIMA VISITA

Javier Guerra foi recibido polo vicealcalde, antes de viaxar a Beijing para coñecer as instalacións centrais de Citic Group, nun encontro no que se trataron posibilidades de inversión na comunidade galega

§ Valoraron positivamente o potencial galego tanto no desenvolvemento de tecnoloxías, como na produción e uso de enerxías renovables e no sector da biotecnoloxía

§ O conselleiro de Economía e Industria celebrou a confirmación dun novo investimento do grupo Citic de 40 millóns en Galicia e confía no establecemento de novas alianzas empresarias con China nun futuro próximo-

AS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PODEN AFORRAR 2,6 MILLÓNS DE EUROS AO ANO ADOPTANDO MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

 
O director do Inega, Eliseo Diéguez, salienta durante a visita a Gandeiría Val do Toxa, en Silleda, a “importancia dun consumo eficiente de enerxía, que repercute de forma directa no control da demanda  e o aforro enerxético”
A Consellería de Economía e Industria elaborou un Estudo Sectorial de aforro e eficiencia enerxética en explotación de leite que busca mellorar a produtividade e a competitividade desta industria
Entre as opcións propostas destaca a instalación de intercambiadores de placas para o prearrefriado do leite, a instalación dun variador de velocidade nas bombas de baleiro ou a substitución de lámpadas por outras máis eficientes

§ A multinacional Citic Group converterá a súa planta do Porriño nas instalacións máis importantes de Europa para a fabricación de grandes pezas de caldeirería pesada con destino a explotacións mineiras

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: