MAÑÁ COMEZA A VEDA DA CENTOLA QUE REMATARÁ O 4 DE NOVEMBRO NAS PROVINCIAS DE PONTEVEDRA E A CORUÑA E O 2 DE DECEMBRO NA DE LUGO

 

Santiago, 31 de maio de 2012.- Mañá comeza a veda da centola que rematará o 4 de novembro nas provincias de Pontevedra e a Coruña e o 2 de decembro na de Lugo. Isto indica que a partir do primeiro de xuño deixa de poxarse nas lonxas galegas, e tampouco poderemos atopala nos establecementos de venda aos consumidores, salvo que sexa conxelada ou foránea.

   Esta veda é de aplicación ás augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para as embarcacións con artes menores que teñan porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades teñan permisos especiais de pesca para faenar nas augas galegas. Así o recolle o plan de explotación marisqueira deste ano, no que se establecen as súas medidas de xestión. Dende comezos deste ano ata finais de maio en Galicia extraéronse unhas 75 toneladas desta especie, o que supuxo un valor económico de máis de 935.000 euros, sendo O Grove e  A Coruña con preto de 12 toneladas cada un, as lonxas que máis descargas rexistraron desta especie. O prezo medio que acadou foi de 12,80 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: