Santi Domínguez acusa a Feijóo de enganar á cidadanía ao decir que o AVE directo a Vigo xa non é prioritario

Vigo, 30 de maio de 2012.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, calificou de “burla aos vigueses e viguesas” as palabras do presidente da Xunta nas que aseguraba que o AVE a Vigo xa non é unha prioridade. O nacionalista lembrou as promesas de Feijóo nas campañas electorais nas que expresaba o seu compromiso coa conexión directa entre coa Meseta mediante alta velocidade, polo que o acusou de enganar á cidadanía.

“Os vigueses e viguesas teñen que saber que Feijóo os enganou”, asegurou Santi Domínguez, quen criticou que se estea convertindo en delegado do goberno central en lugar de exercer de presidente de todos os galegos e galegas. Recordou ademais que xa o Bloque dixo en repetidas ocasións que o Pacto do Obradoiro era “unha farsa”, e neste sentido o nacionalista salientou que as manifestacións realizadas polo presidente da Xunta confirman esa percepción.

 Por outra banda, o portavoz municipal do BNG demandou reaccións do PP vigués diante das consideracións do presidente da Xunta. “Algo terá que decir o PP de Vigo e o señor Figueroa, ou é que tamén están de acordo con que o AVE non chegue a Vigo?”, comentou. Lamentou que unha vez máis Galiza “queda afastada das grandes infraestruturas mentres o PP non ten inconvinte en contentar a outros territorios”.

Santi Domínguez denunciou que é a primeira vez que un presidente autonómico lle di ao goberno central que unha infraestrutura non é prioritaria e que desautoriza a unha ministra, neste caso a de Fomento. “Que sentido teñen as visitas de Ana Pastor a Vigo? Unicamente vén a facer paripés políticos, e para iso non fai falta que nos sigan convocando”, manifestou. Pola contra, reclamoulle á ministra de Fomento “que cale a boca de Feijóo diante desta burla aos vigueses e viguesas” e de que supedite ao PP os intereses dos galegos e galegas.

O nacionalista afirmou que, aínda que o BNG defende a rápida construción da autovía libre de peaxe entre Vigo e Pontevedra e considera que é “imprescindible”, non deixará de reclamar a conxexión directa coa Meseta mediante alta velocidade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: