Concellería de Medio ambiente, territorio e infraestructuras.

 O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS ACOLLE DENDE HOXE ATA O DOMINGO XORNADAS DE FORMACIÓN SOBRE AMBIENTES SEDIMENTARIOS NAS ILLAS CÍES PARA PROFESORES DE SECUNDARIA

  • O curso inclúe unha introdución sobre aspectos xeolóxicos xenéricos e prácticas de campo e en laboratorio
  • As prácticas realizaranse en paraxes como o sistema dunar de Muxeiro, no Alto do Príncipe ou na praia de Figueiras

Santiago, 1 de xuño de 2012.- As instalacións do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia albergarán esta fin de semana un curso de formación sobre ambientes sedimentarios nas Illas Cíes. Estas xornadas, que comezan hoxe e continúan mañá e o domingo, están organizadas por AEPECT RT Galicia e a Universidade de Vigo.

Os destinatarios destas xornadas son profesores dos institutos de secundaria galegos que estean interesados na materia da xeoloxía.

A xornada do venres, primeiro día do curso que se iniciará ás 11.30 horas, centrarase na introdución dos temas a tratar e organización dos traballos necesarios para levar a cabo as sesións de campo nos seguintes días. Explicaranse aspectos xeolóxicos xenerais, distribución dos sedimentos superficiais ou os trazos característicos do parque. A primeira sesión de campo desenvolverase no sistema dunar de Muxeiro, no Alto do Príncipe  e na praia de Figueiras.

O curso continuará o sábado durante toda a xornada coa realización de actividades como a avaliación de perfís de praia, estudo de cartografías de ambientes sedimentarios e extracción de testigos. As paraxes elixidas para executar as citadas accións son a praia de Rodas e a lagoa dos Nenos. Tamén se levará a cabo o tratamento dos datos obtidos nun laboratorio.

Estas xornadas finalizan o domingo, día centrado no traballo no laboratorio, onde se realizarán prácticas como a granulometría por vía seca, calcimetría mediante a valoración gasométrica ou composición e morfoscopía mediante lupa binocular. Unha vez realizadas estas análises, os asistentes ao curso exporán as conclusións obtidas.

A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 400.000 EUROS AS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIAL E REHABILITACIÓN DA TRAVESÍA DE CANGAS

  • A necesidade desta actuación está xustificada debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada ao seu paso polo núcleo urbano de Cangas
  • A previsión da Xunta é iniciar a obra en outono e remata neste mes ano
  • O proxecto beneficia a preto de 27.000 habitantes do Concello de Cangas e a súa área de influenza

Santiago, 1 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe, a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), por máis de 400.000. euros as obras de mellora de seguridade vial e rehabilitación do firme da Travesía de Cangas, entre os puntos quilométricos 19+100 ao 20+195, da estrada que une os núcleos pontevedreses de Marín e Rande (PO-551).

Esta actuación é necesaria debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada, polo que se tomou a decisión de executar este proxecto co obxecto de mellorar a seguridade vial e a comodidade dos seus usuarios. A Axencia Galega de Infraestruturas fixa o inicio desta actuación viaria para o mes de outubro.

As unidades principais de obra centraranse no fresado do firme, estendido de mestura bituminosa en quente e colocación de sinalización e balizamento. Ademais da reposición de sumidoiros e 650 metros, de tubo de drenaxe, entre outros elementos. Deste xeito mellorarase un treito desta estrada dunha lonxitude total de 1.095 metros. A previsión da Xunta é que os traballos desta actuación, que rematarán coa disposición e colocación da sinalización horizontal e vertical, finalicen este mesmo ano.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: