Diputación de Pontevedra 01-06-12

 Convenio Diputación de Pontvedra y la Fundación del Celta de vigo.

 DEPUTACIÓN E FUNDACIÓN CELTA COLABORAN NA PROMOCIÓN DO DEPORTE ENTRE OS MOZOS E NENOS DA PROVINCIA

A Deputación Provincial de Pontevedra fixo entrega á Fundación Club Celta de Vigo dunha achega de 200.000 euros no marco dun acordo de colaboración anual para a promoción do deporte entre os nenos e mozos da provincia. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, fixo entrega esta mañá ao presidente da Fundación Celta de Vigo, Manuel Mouriño, da achega da Administración provincial, nun acto celebrado en Vigo.

Esta achega forma parte da liña de colaboración que a Administración provincial mantén cos diferentes clubs e federacións deportivas da provincia de Pontevedra, así como con fundacións e outras entidades para apoiar o deporte nunha provincia que está acadando grandes éxitos neste campo.

O presidente da Deputación non quixo desaproveitar a ocasión para desexarlle o maior dos éxitos ao Real Club Celta no partido que se disputará o domingo e que se amosou convencido que suporá o ascenso deste club.

Louzán salientou que “para esta provincia en particular e para toda Galicia ter un equipo histórico como é o Real Club Celta na primeira división da mellor liga do mundo repercute claramente na economía da provincia e de Galicia”, por iso, incidiu en que “para Vigo, para Pontevedra e para Galicia será unha extraordinaria noticia”.

 A deputada, Marta Iglesias,  presenta a iniciativa “Únete a Volta” en Salceda de Caselas. No Concello de Salceda de Caselas

O TRABALLO DO ORAL EN 43 CONCELLOS DA PROVINCIA INCREMENTOU EN 2012 O VALOR CATASTRAL DESES CONCELLOS EN 353 MILLÓNS DE EUROS RESPECTO DO 2011

Os traballos de revisión catastral da Deputación de Pontevedra, a través do seu organismo autónomo ORAL, posibilitaron un incremento do valor catastral de 43 concellos da provincia en 353 millóns de euros no ano 2012, según explicou hoxe o presidente, Rafael Louzán, en rolda de prensa, coa conseguinte repercusión nas arcas municipais.

No ano 2001, a Deputación asinou un convenio coa Dirección Xeral do Catastro para efectuar estes traballos. Hoxe, hai unha Xerencia do Catastro en Pontevedra e unha Subxerencia en Vigo que se encarga dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán (os tres conveniados co ORAL) e tamén Vigo.

Ao convenio, a través do ORAL, adherironse 43 concellos que non asumen ningún coste por este feito. Ao amparo deste convenio, o ORAL ven realizando diversos traballos. Entre outros destacan, tramitar alteracións na titularidade de bens urbáns (no 2011, 7.500 expedientes, menos que no 2010 pola baixa da actividade inmobiliaria); tramitar alteracións físico/económicas de bens inmobles urbáns (altas, baixas, cambios de uso, derribos…) que no ano 2011 chegou a 23.000 unidades urbáns tramitadas, a máis alta dos últimos anos; Realizar traballos de actualización e mantemento catastral para detectar alteracións non declaradas; atender aos contribuintes (no ano 2011, 200 consultas); e realizar os Padróns do IBI

Por este último traballo,  aumentouse o valor catastral nos 43 concellos adheridos en 353 millóns de euros no 2012, respecto do 2011.

No 2011, o número de inmobles dos 43 concellos cifrados catastralmente era de 382.141. No 2012, ese número pasou a ser de 389.546 (7.405 máis).

O valor catastral deses inmobles no 2011 era de 10.284.176.458 euros (10,2 mil millóns de euros). No 2012, ese valor pasou a ser de 10.637.850.076 euros (10,6 mil millóns de euros).

En consecuencia, o incremento do valor catastral deses inmobles nos 43  concellos foi de 353.673.618 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: