NOVO PLAN ESTRATÉXIC​O NO 25 ANIVERSARI​O DA ESCOLA DE NEGOCIOS NOVACAIXAG​ALICIA

A Escola de Negocios de Novacaixagalicia aproba o seu plan estratéxico 2012-2016 co principal obxectivo de autofinanciar a súa actividade e achegar resultados positivos á Obra Social da caixa galega.

Tras vinte e cinco anos de traxectoria, a escola de negocios ten entre os seus logros o de ser unha referencia nacional cun liderado consolidado, ademais de ser considerada por un 85% dos directivos galegos como o líder na formación directiva en Galicia, segundo un estudo independente realizado por Inmark. Un amplo claustro de profesores propios, con máis de 500 colaboradores nacionais e internacionais, ademais dunha rede de exalumnos, superior aos 40.000, que chegan a todas as empresas galegas, fan da escola un activo para Galicia.

No seu Plan Estratéxico 2012-2016, aprobado onte polo Consello da caixa, a escola propón manter os seus obxectivos fundacionais e ofrecer un servizo á sociedade e mellorar a competitividade das empresas, pero propón tamén a necesidade de xerar marxes e valores, para o que programará actividades que ofrezan un maior rendemento económico.

O novo plan desenvolve as seguintes liñas estratéxicas:

Actividades de grao, desenvolvemento de dous novos dobres graos internacionais, que permitirán obter o actual Grao ADE en España e un Bachelor europeo noutra rama empresarial como o marketing, as finanzas, tecnoloxías, etc. Ampliación da súa oferta formativa universitaria en dous novos graos que comezarán no 2013 e que veñen complementar a oferta do sistema universitario público (marketing, finanzas, comercio internacional ou, alternativamente, desenvolvemento dunha dobre titulación oficial ADE+Dereito).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: