XUNTA E CONCELLO DE REDONDELA COLABORAN E POÑEN EN MARCHA DENDE HOXE UNHA RUTA MARÍTIMA REGULAR Á ILLA DE SAN SIMÓN

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá no percorrido inaugural da liña regular, que sairá dos peiraos de Cesantes e Chapela.
  • Ofertarase durante 4 días á semana entre os meses de xuño e setembro e a embarcación –que subvenciona o Concello de Redondela- terá capacidade para trasladar a 100 persoas.
  • A entrada será gratuíta durante a primeira quincena do mes de xuño e despois haberá que pagar unha entrada, que será de 5 euros para os maiores de 10 anos, de 1 euro para os nenos e nenas de entre 3 a 10 anos e gratuíta para os cativos menores de 3 anos.

Vigo, 01 de xuño de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Fundación Illa de San Simón, e o Concello de Redondela puxeron hoxe en marcha unha nova ruta marítima regular que unirá a Vila dos Viaductos coa Illa do Pensamento.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, e o director-xerente da Fundación Illa de San Simón, Javier Alonso, presentaron a iniciativa na propia illa e participando ademais no percorrido inaugural da liña regular, que sairá dos peiraos de Cesantes e Chapela para facer unha ruta guiada pola Enseada e a Illa de San Simón e que contou, na súa primeira viaxe, coa asistencia de preto de 100 veciños e veciñas de Redondela.

Bravo Bosch destacou “a importancia” de establecer esta ruta marítima regular ademais de sinalar que supón “un punto de inflexión para coñecer a riqueza histórica” que ten a Illa, Cesantes, Redondela e, sobre todo, “os fondos da Enseada de San Simón”. Desta maneira, amosou todo o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa, que parte do Concello de Redondela en colaboración coa Fundación Illa de San Simón.

O alcalde do municipio, Javier Bas, explicou que se trata dun proxecto incluído no Plan Marisma Plus do Concello e as rutas regulares se ofertarán durante os meses de xuño e setembro deste ano e do vindeiro, intentando abrilo aos períodos de Semana Santa e  mes de maio do ano que vén. Bas animou a todos os redondeláns a aproveitar as viaxes para coñecer a Illa e para que “ningún redondelán quede sen coñecela”.

 Así, as viaxes regulares que comezaron hoxe sairán durante 4 días á semana (mércores, venres, sábado e domingo) dos meses de xuño a setembro e dende os peiraos de Cesantes e Chapela. Trátase dunhas rutas guiadas de dúas horas de duración que consisten, primeiro, nun percorrido marítimo pola Enseada de San Simón para pasar despois á Illa do Pensamento, onde se explicará a historia das Illas de San Simón e San Antón.

O transporte marítimo –que é subvencionado polo Concello de Redondela- ten capacidade para trasladar a 100 persoas. A entrada á illa será gratuíta durante a primeira quincena do mes de xuño e despois haberá que pagar unha entrada, que será de 5 euros para os maiores de 10 anos, de 1 euro para os nenos e nenas de entre 3 a 10 anos e gratuíta para os cativos menores de 3 anos. Os interesados poderán reservar as entradas a través da páxina web da Fundación Illa de San Simón (www.fundacionilladesansimon.org) ou poderán aboalas tras o desembarco e antes de entrar á illa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: