Nunha gala chea de emocións, entregáronse os premios da 1 Edición do Festival Primavera do Cine.

  Despóis de catro días dun Festival que encheu a cidade olívica de amor pola cinematografía galega, onde competiron na selección oficial, 7 longametraxes, 15 curtametraxes e 24 videoclips galegos, despóis de disfrutar dun cine da mellor calidade, e co reconto das votacións populares feito, a organización do Festival Primavera do Cine, co fiel apoio do concello de Vigo, celebrou unha exitosa gala onde se revelaron os triunfadores e se galardonou aos directores das produccións vencedoras nas tres categorías en competencia

A gala cunha asistencia abrumadora, encheu o auditorio municipal do concello de Vigo de risas e bágoas, houbo emocións de todo tipo. Asistiuse primeiro á proxección do filme sorpresa “Cartas Italianas”, o Festival afirmou apostar por este tipo de produccións, feita “con baixo presuposto e capaz de contar unha historia chea de maxia, arte e contido” do director pontevedrés Mario Iglesias, co que despóis o público puido compartir unha breve e emotiva charla, ate que o divertido e xoven grupo teatral vigués Triatreros,  que levou adiante a presentación do evento, irrumpiu premeditadamente no escenario, ataviado coas súas mellores galas, creando un ambiente xeral de comedia e participación popular.

En primeiro lugar o festival quixo otorgar unha mención de honor ao histórico proxeccionista galego Manuel Estévez, para o cal subiu o director de cine e membro da organización ao escenario Alfonso Castaño quen lle adicou unhas emotivas palabras. A directora do Cine Clube Lumiére, Mely López, fixo entrega ao galardonado Manuel estévez do Diploma e o agasallo. O proxeccionista brindou aos presentes un discurso emocionado e adicou o premio á súa familia, á memoria do seu pai e aos outros proxeccionistas que inda manteñen esa profesión tan esquecida por todos pero tan importante para todos os que aman o cine.

Posteriormente, a presentadora, actriz do grupo Triatreros, fixo subir ao escenario a cada un dos escollidos polo público vigués para recebir as premiacións do festival. En primeiro lugar, proclamouse vencedor o estudio de animación vigués, Duplo Studio pola dirección do videoclip protagonizado por Patricia Moon “ The man who lived in death” subiron ao escenario a recoller o premio Marcos Alonso Mosquera e Alexandre Toucedo Santorio, entregou o premio, o recoñecido actor vigués Antonio Durán (Morris). Os autores adicaron o premio a todos os que fixeron posible a filmación do video, agradecendo ao Festival e ao xurado popular, pola obtención do seu primeiro premio nun festival.

Na categoría curtametraxe, o premio foi entregado polo emerxente actor vigués Fran Peleteiro e o gañador foi a xa galardonada nos festivais de Cans e  de Bueu “Dúas Letras” do director Eloy Varela,  quen adicou o premio á súa familia, aos que levaron adiante a realización da película, e agradeceu os viños, as filloas, e a atención da protagonista da curta durante a filmación.

Na categoría Longametraxe, o premio foi entregado pola actríz de rexoñecida traxectoria Uxía Blanco, e o filme galardonado foi “Relatos” do director pontevedrés Mario Iglesias, que adicou emocionado o premio ao falecido actor galego Atilano, e ao seu paí tamén ausente. Agradecendo á organización do festival e ao público que foi o real protagonista da súa selección no palmarés.

Despóis da entrega de premios a presentadora oficial da Gala, Beatríz Campos, fixo subir ao escenario a tódalas e tódolos participantes do Festival que estaban presentes, o auditorio encheuse de aplausos a medida que os realizadores, técnicos e actores foron subindo ao escenario, alá estaban tanto directores de filmes como As silenciadas, Matisse se escribe con dúas eses, coma actores protagonistas das películas que nestes días puidemos ver en Vigo. Tras o merecido e entusiasta aplauso dos asistentes, convidouse a subir ao escenario á organización do Festival Primavera do Cine, un grupo amplo de xoves e non tan xoves voluntarios e membros das organizacións Musiquina 33mg e Reencanto Producións, que levaron a cabo esta gran Celebración do cinema galego, en momentos nos que se cabe é máis difícil levar adiante este tipo de iniciativas, o público desatouse nunha calurosa ovación, e a directora do Festival Ana Laura Pereira ofreceu un discurso onde agradeceu a todos os que fixeron posible a realización do festival, entre os que se contaban en primeiro lugar o “apoio incondicional do Concello de Vigo, o dos pequenos locais de Vigo que os apoiaron con pequenos patrocinios, e o apoio dos asistentes que encheron as salas e se involucraron nas votacións confirmando o seu interés polo noso cine”. A directora do Festival, prometeu seguintes edicións do certame, rodeada dunha equipa formada íntegramente por xente que  segundo as súas palabras “traballou con esforzo día e noite por facer realidade este soño” falando no nome de toda a organización a directora afirmou “Gustaríanos dicirlle aos galegos e galegas que xa temos un espazo, unha xanela aberta onde atoparnos de aquí en diante, neste sur galego, nesta cidade que adoramos. O festival Primavera do cine está feito con amor, vontade e ilusión e iso pretendemos difundir e contaxiar, chegou o tempo das cereixas e con él a primavera do noso cine. Demostrado queda, coa calidade das obras que puidemos compartir nestes días.” Posteriormente, convidou aos asistentes a tomar un viño na entrada do auditorio, onde puideron compatir tódolos presentes dende o público, aos actores ou directores, viño que se demorou ate as dez da noite onde moitos marcharon a celebrar o peche do festival na festa da sala Mondo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: