Archive | junio 5, 2012

Ayuntamiento de Vigo 05-06-12


Caballero salienta a movilización de 10.000 persoas en cursos municipais de formación ambiental

O alcalde compartiu hoxe martes actividades de voluntariado medioambiental no río Lagares, a propósito da celebración do día mundial do Medio Ambiente. Acompañado por escolares de 5º dos centros de Balaídos e do Seis do Nadal e voluntarios do Camiño a Camiño, o rexedor destacou que a concellaría que dirixe Chus Lago movilizou 10.000 persoas en cursos de formación durante o último ano.

 


O Goberno municipal apoia o V Congreso de Jóvenes Empresarios porque “son os que fan economía na cidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe martes o apoio do Goberno municipal ao V Congreso Internacional de Jóvenes empresarios que se organizará no Auditorio Mar de Vigo os próximos 5 e 6 de xullo. Durante a presentación, destacou que “ser empresario ou emprendedor é unha cultura da actividade económica que en Vigo queremos fomentar”.

 

O alcalde celebra o momento “histórico” de que Vigo conte con orzamentos por quinto ano consecutivo

Abel Caballero subliñou hoxe martes que os orzamentos aprobados o pasado luns son os quintos consecutivos o que supón “un fito histórico porque nunca sucedeu na cidade, nin siquera antes da democracia”. As contas aprobadas cos votos do PSOE e do BNG permitirán, dixo, crear emprego e seguir investindo en benestar social e educación.

 


O rexedor traslada aos máis novos a importancia do uso responsable da auga

O alcalde de Vigo participou hoxe martes na entrega de premios do concurso que, con motivo do día Mundial do Medio Ambiente, organizou a empresa concesionaria da xestión da auga en Vigo. Os escolares do Ceip Otero Pedrayo foron concienciados do uso responsable dos recursos hídricos cunha actividade lúdica que levaba por lema “Coa auga non se xoga”.

 

O mercado solidario De boa man abre as súas portas na rúa Príncipe ata o 8 de xuño

A Concellería de Benestar Social organiza un ano máis a campaña De boa man coa participación de nove entidades de persoas con discapacidade. Este mercado solidario está situado desde hoxe ata o día 8 de xuño na rúa Príncipe, esquina con Velázquez Moreno, en horario de 10,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 horas.

BRAVO BOSCH VISITA O EDIFICIO DA GOTA DE LECHE, ONDE A XUNTA ABRIRÁ NO MES DE SETEMBRO UNHA NOVA ESCOLA INFANTIL CON 102 PRAZAS PARA NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo coñeceu tamén as instalacións do Centro de Apoio ao Empregador que, dende que abriu as súas portas e ata o día de hoxe, facilitou información e asesoramento para autónomos e tamén sobre axudas á contratación, bonificacións e explicación de diversas modalidades contractuais.
  • A Consellería de Traballo e Benestar está a ultimar a apertura da escola, de feito, estímase que entre finais do mes de xuño e o mes de xullo se abra un período extraordinario para a presentación de solicitudes de matrícula.
  • A nova escola infantil contará cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e ubicarase entre as plantas semisoto e baixa ademais de recuperar a zona axardinada, que se dotará dunha ampla zona de xogos.

Vigo, 5 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as instalacións do edificio da Gota de Leche, onde a Xunta de Galicia abrirá no mes de setembro unha nova escola infantil con 102 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Durante a súa visita ás instalacións, na que estivo acompañada pola xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Carmen Bianchi, e polos responsables da obra e do proxecto, confirmou que o departamento que dirixe a conselleira Beatriz Mato traballa coa previsión de que a escola infantil inicie a súa actividade no vindeiro mes de setembro.

Deste modo, explicou que a licitación do equipamento segue os prazos administrativos establecidos tras a súa publicación no DOG o pasado 25 de maio mentres que, de xeito paralelo, a Administración autonómica xa prevé a apertura dun período extraordinario de matriculación para a presentación de solicitudes de matrícula que se estima que sexa entre finais do mes de xuño e o mes de xullo. “O Goberno galego traballa coa previsión de que a apertura da escola se faga no mes de setembro”, explicou Bravo Bosch, xa que o compromiso e obxectivo da Xunta é traballar para que as familias estean máis preto da conciliación da vida familiar e laboral.

JAVIER GUERRA DEFENDE EN BRUXELAS A VÍA DE ARBITRAXE COMO A FÓRMULA MÁIS ÁXIL PARA DAR SOLUCIÓN AOS CONSUMIDOR​ES AFECTADOS POLAS PREFERENTE​S

O conselleiro de Economía e Industria reuniuse hoxe coa Directora de Mercados e Servizos Financeiros da Comisión Europea para explicarlle de primeira man esta proposta que ten “o mesmo valor que unha sentencia xudicial e é máis vantaxosa en tempo e custes” 
Guerra salientou que a arbitraxe “é a solución que ten na súa man a Xunta”, que traballa en paralelo en distintas liñas tramitando as reclamacións á Fiscalía e á Comisión Nacional do Mercado de Valores
A vía da arbitraxe, solicitada ao IGC por máis de 920 afectados pola venda deste produto, necesita do visto bo de Bruxelas ao ser NCG unha entidade na que intervén o FROB
Lembrou o conselleiro que esta proposta que se transmite hoxe de maneira directa á Comisión Europea, xa foi explicada ante o FROB, a Fiscalía e CNMV

WAYRA CONCLUYE SU PRIMERA PROMOCIÓN DE STARTUPS EN ESPAÑA

 • Wayra, la aceleradora de startups de Telefónica Digital dirigida a los emprendedores tecnológicos, realizó su primer evento de demostración de proyectos ante la comunidad inversora en España.
 • Un año después de  su lanzamiento, Wayra se ha establecido como un referente en el país de promoción y apoyo al talento emprendedor, recibiendo más de mil propuestas de proyectos en sus convocatorias en España para sus Academias de Madrid y Barcelona.
Leer Más…

Protesta Faurecia.

  un grupo de traballadores/as de Faurecia-Asientos de Galicia e de delegados/as do sector do automóbil da CIG concentráronse hoxe diante da empresa, no polígono de Valadares, para denunciar que a dirección vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de ausentarse para ir ao cuarto de baño.

A protesta desenvolveuse entre as 13.30 e as 14.30 horas, coincidindo co cambio de quenda. Os traballadores/as despregaron unha faixa na que se podía ler “Faurecia-ADG = campo de concentración” e informaron sobre o sucedido aos compañeiros/as que entraban ou saían das instalacións.

Dende a CIG-Metal sosteñen que o afectado cumpre coa gama de traballo (plan de traballo) establecida pola empresa, o que provocou precisamente ocos na liña de produción, polo que consideran que debera de ser revisada.

Louzán e 1.600 nenos reciben ao Celta de Vigo na Deputación

  Unha delegación de 35 personas do Celta de Vigo _xogadores, técnicos e directivos_ presidida polo seu presidente, Carlos Mouriño, foi recibida hoxe na Deputación de Pontevedra polo presidente Rafael Louzán, varios membros da Corporación Provincial e 1.600 nenos das Escolas Deportivas da institución provincial chegados a Pontevedra en 35 autobuses dende diversas localidades da provincia. Leer Más…

GALICIA É A COMUNIDADE LÍDER EN INSTALACIÓ​NS NÁUTICO-DE​PORTIVAS CERTIFICAD​AS COA MARCA ‘Q’ DE CALIDADE TURÍSTICA

  •   A secretaria xeral para o Turismo estivo hoxe en Madrid no acto de entrega das Bandeiras ‘Q’ de Calidade Turística, que estivo presidido polo Ministro de Industria, Enerxía e Turismo; a Secretaria de Estado de Turismo e mais o presidente do Instituto para a Calidade Turística Española.
  • Nove praias –dúas máis que en 2011- e seis estacións náutico-deportivas galegas contan con este distintivo. Galicia é a comunidade con máis estacións náuticas certificas, con 6 das 12 que contan en todo o Estado con este distintivo.
  • Galicia foi premiada en Fitur 2012 por ser, por segundo ano consecutivo, a comunidade na que máis aumentaron os establecementos certificados coa Q de Calidade Turística. Leer Más…

Alumisel invierte 5,5 M€ en la construcci​ón de la mayor planta de reciclado de metales de Galicia

  Las nuevas instalaciones son pioneras en EspañaLa nueva planta estará completamente operativa en el mes de septiembreLa compañía facturó 96,5 millones de euros en 2011, un 11,35% más queen 2010

Exporta por valor de 52 millones de euros, el 55% de su facturación.

 

Vigo, 5 de junio de 2012.-

Alumisel, empresa dedicada a la recuperación de metales, construye la mayor y más moderna planta de reciclado de metales en Galicia y la primera de España de su tipo. Leer Más…

LOUZÁN PRESENTA OS PRESUPOSTOS , CIFRADOS EN 152 MILLÓNS DE EUROS, 15,7 MÁIS QUE O ANO PASADO

  • Recollen unha inversión en concellos de 51 millóns
  • Os gastos de personal redúcense en 4,4 millóns
  • Reducen a débeda en 12,6 millóns e, según Louzán, en seis anos a institución liquidará a súa débeda
  • Adelgazan a Administración suprimindo todos os organismos autónomos e non cubrindo prazas por xubilacións, algo que ven a sumarse ás 50 prazas amortizadas e non cubertas nos dous últimos anos Leer Más…

aqualia celebra con los más pequeños el Día Mundial del Medio Ambiente

 Día Mundial del Medio Ambiente. Los niños de4º curso del colegio Otero Pedrayo, acudieron a las instalaciones de lacompañía en donde jugaron a “Con el agua no se juega” con el fin deaprender sobre la importancia de un consumo responsable de agua.

En la imagen 1 de izquierda a derecha:

–         José María Ardoy, Director de aqualia Vigo

–         José Luís García Ibáñez, Director Territorial deaqualia

–         Abel Caballero, Alcalde de Vigo

–         David Regades, Concejal de Fomento