BRAVO BOSCH VISITA O EDIFICIO DA GOTA DE LECHE, ONDE A XUNTA ABRIRÁ NO MES DE SETEMBRO UNHA NOVA ESCOLA INFANTIL CON 102 PRAZAS PARA NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo coñeceu tamén as instalacións do Centro de Apoio ao Empregador que, dende que abriu as súas portas e ata o día de hoxe, facilitou información e asesoramento para autónomos e tamén sobre axudas á contratación, bonificacións e explicación de diversas modalidades contractuais.
  • A Consellería de Traballo e Benestar está a ultimar a apertura da escola, de feito, estímase que entre finais do mes de xuño e o mes de xullo se abra un período extraordinario para a presentación de solicitudes de matrícula.
  • A nova escola infantil contará cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e ubicarase entre as plantas semisoto e baixa ademais de recuperar a zona axardinada, que se dotará dunha ampla zona de xogos.

Vigo, 5 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as instalacións do edificio da Gota de Leche, onde a Xunta de Galicia abrirá no mes de setembro unha nova escola infantil con 102 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Durante a súa visita ás instalacións, na que estivo acompañada pola xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Carmen Bianchi, e polos responsables da obra e do proxecto, confirmou que o departamento que dirixe a conselleira Beatriz Mato traballa coa previsión de que a escola infantil inicie a súa actividade no vindeiro mes de setembro.

Deste modo, explicou que a licitación do equipamento segue os prazos administrativos establecidos tras a súa publicación no DOG o pasado 25 de maio mentres que, de xeito paralelo, a Administración autonómica xa prevé a apertura dun período extraordinario de matriculación para a presentación de solicitudes de matrícula que se estima que sexa entre finais do mes de xuño e o mes de xullo. “O Goberno galego traballa coa previsión de que a apertura da escola se faga no mes de setembro”, explicou Bravo Bosch, xa que o compromiso e obxectivo da Xunta é traballar para que as familias estean máis preto da conciliación da vida familiar e laboral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: