Louzán e 1.600 nenos reciben ao Celta de Vigo na Deputación

  Unha delegación de 35 personas do Celta de Vigo _xogadores, técnicos e directivos_ presidida polo seu presidente, Carlos Mouriño, foi recibida hoxe na Deputación de Pontevedra polo presidente Rafael Louzán, varios membros da Corporación Provincial e 1.600 nenos das Escolas Deportivas da institución provincial chegados a Pontevedra en 35 autobuses dende diversas localidades da provincia.

Mouriño asinou no Libro de Honra da Deputación e suscribeu esta adicatoria: <En agradecimiento al apoyo de la Diputación a las fuerzas básicas y a la Fundación Celta de Vigo, visitamos la Diputación como muestra de reconocimiento. Muchas gracias a todos los miembros. Carlos Mouriño. Temporada del ascenso>.

Louzán, que agasollou ao Celta cunha placa de plata en recoñecemento polo seu ascenso a 1ª División, felicitou ao clube e á afición celtista <pois sin ela, nada sería posible>,dixo. Na súa intervención, resaltou que este era a homaxe da provincia, na casa da provincia, <ao equipo máis representativo de Galicia e ao mellor embaixador dela, das Rias Baixas, de Vigo e de toda a provincia de Pontevedra>.

O presidente da Deputación tivo palabras de recoñecemento e louvanza para Carlos Mouriño <que traballou e sufreu arreo para conquerir o incontestable éxito de ascender á mellor Liga do mundo, onde lle desexo unha estancia por moitos anos>.

<O seu éxito, o éxito do Celta de Vigo, é o éxito da provincia e de Galicia>, conclueu.

Os xogadores aguantaron estoicamente as numerosas mostras de afecto e admiración por parte dos 1.600 nenos que animaron incansablemente a recepción. Asinaron autógrafos e deixaronse fotografiar por moitos deles. E corearon as innumerables cantigas _A Rianxeira, “Barça, Madrid, el Celta ya está aquí”, “A primera oé” e moitas outras_ que os alumnos das Escolas Deportivas da Deputación, vestidos con camisetas do clube  vigués, corearon ao unísono dun animado presentador.

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, regalou, en nome do clube, unha camiseta do clube ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinada por todos os xogadores

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: