Protesta Faurecia.

  un grupo de traballadores/as de Faurecia-Asientos de Galicia e de delegados/as do sector do automóbil da CIG concentráronse hoxe diante da empresa, no polígono de Valadares, para denunciar que a dirección vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de ausentarse para ir ao cuarto de baño.

A protesta desenvolveuse entre as 13.30 e as 14.30 horas, coincidindo co cambio de quenda. Os traballadores/as despregaron unha faixa na que se podía ler “Faurecia-ADG = campo de concentración” e informaron sobre o sucedido aos compañeiros/as que entraban ou saían das instalacións.

Dende a CIG-Metal sosteñen que o afectado cumpre coa gama de traballo (plan de traballo) establecida pola empresa, o que provocou precisamente ocos na liña de produción, polo que consideran que debera de ser revisada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: