A XUNTA AUTORIZA O GASTO PARA A CONSTRUCIÓ​N DA GLORIETA DE SABÓN, NA CORUÑA, E PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DA ÁREA RECREATIVA DA ETEA DE VIGO

  

  • “Autorizamos o gasto da Glorieta de Sabón, licitamos esta glorieta este mes de xuño, adxudicámola en outubro, comezo das obras no último trimestre e finalización o próximo 2013”, explicou Feijóo, remarcando que con esta actuación se dá solución “a un dos lugares con máis atasco desde o punto de vista de frecuentación de tráficos”
  • Explica que o obxectivo da actuación na ETEA é “poñer a disposición da cidadanía 8.000 metros cadrados na franxa do litoral do barrio vigués de Teis, definir pistas deportivas, de patinaxe, parque infantil, zonas para paseo, cafetaría e vestiarios e tamén unha senda peonil no borde litoral das instalacións”

Santiago, 7 de xuño de 2012.- O Goberno galego autorizou hoxe, na súa reunión semanal, o gasto para levar a cabo a Glorieta de Sabón, na Coruña, e para a execución das obras da área recreativa da ETEA de Vigo. “Autorizamos o gasto da Glorieta de Sabón, licitamos esta glorieta este mes de xuño, adxudicámola en outubro, comezo das obras no último trimestre e finalización o próximo 2013”, explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello.

“Damos solución así a un dos lugares con máis atasco desde o punto de vista de frecuentación de tráficos”, abondou, xa que se calcula que 50.000 vehículos ao día transcorren nas inmediacións das estradas que conectan na coñecida rotonda de Sabón. “Polo tanto, conectamos cunha glorieta a nivel superior as tres estradas”, aseverou o mandatario galego resaltando que dita glorieta terá 28 metros de radio e que supón tamén o desdobramento doutras dúas estradas con dobre carril por cada sentido e, ademais, supón proxectar carrís de acceso directo para vehículos que realicen distintos movementos.

“É unha aposta polo problema actual: 50.000 vehículos diarios procedentes do polígono de Sabón, das estradas entre A Coruña e Cee, da Coruña con Sabón e a vía que conecta o polígono de Sabón coa Autoestrada de Carballo, pero tamén para as necesidades futuras fronte á previsión da nova actuación do porto de Punta Langosteira e a finalización do Polígono de Arteixo en Morás”, incidiu Feijóo ao respecto.

Obras da área recreativa da ETEA de Vigo

De igual xeito, o Consello da Xunta adoptou hoxe a decisión de acometer as obras da área recreativa da ETEA de Vigo. O obxectivo, segundo explicou o mandatario galego é poñer a disposición da cidadanía 8.000 metros cadrados na franxa do litoral do barrio vigués de Teis, definir pistas deportivas, de patinaxe, parque infantil, zonas para paseo, cafetaría e vestiarios e tamén unha senda peonil no borde litoral das instalacións da ETEA. “Seguimos avanzando no compromiso da rehabilitación da ETEA, que ten como obxectivo poñer máis de 115.000 metros cadrados a regularización e a reorientación de todas estas instalacións da ETEA. Imos seguir con este proxecto, o terceiro proxecto máis importante de Vigo, despois do Hospital público metropolitano e despois da depuradora da cidade de Vigo e da ría de Vigo”, concluíu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: