O BNG pide á Comisión Europea que dictamine se a compravenda de participacións preferentes cumpriu a legalidade en función da normativa

    Santi Domínguez, Henrique Viéitez e Ana Miranda trasladaron o apoio do Bloque aos afectados polas preferentes nun encontro celebrado hoxe en Vigo

Vigo, 7 de xuño de 2012.- O BNG solicitará á Comisión Europea que, como Executivo da Unión Europea, ditamine se o proceso de compravenda de participacións preferentes cumpriu a normativa comunitaria en materia de produtos financeiros ou se estamos ante un caso de vulneración das normas en vigor en todos os Estado membros. Así o anunciaron o portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, o deputado no Parlamento galego, Henrique Viéitez, e deputada no Parlamento europeo, Ana Miranda, na xuntanza que esta mañá mantiveron en Vigo con afectados e afectadas polas preferentes.

   A iniciativa parlamentar que o BNG presentará na Eurocámara tamén   demanda        á Comisión Europea que concrete as medidas a adoptar para garantir    que os        afectados -arredor de 100.000 en toda Galiza, e 43.000 só no caso de         NovaGalicia Banco-,  recuperen a totalidade dos seus aforros.

        Neste sentido, o Bloque cualificou de “inadmisible” que o Goberno da Xunta se          dirixa á Comisión Europea, a través do conselleiro de Industria, a propoñer        unha fórmula, -a da arbitraxe-, que non implica a devolución total dos  depósitos. “É impropio dun Goberno ir a Bruxelas a defender unha fórmula que   non defende os intereses dos galegos e galegas afectados senón das entidades financeiras”, denunciou Ana Miranda.

        A eurodeputada tamén pregunta ao Executivo da Xunta que aclare en que         consiste esa arbitraxe. “Espero que non consista en que os afectados     renuncien a parte dos seus cartos ou que os canxeen por outros produtos financeiros de dubidosa rendabilidade”, alertou.

        Dentro da interpelación parlamentar que o BNG dirixe á Comisión Europea,        solicita que se pronuncie sobre o feito de que NovaGalicia Banco reciba millóns        de euros públicos a través do FROB sen que, por contra, se esixa como        contrapartida garantías para os depositarios. “O único que xustifica que        rescatemos bancos e caixas con recursos públicos é garantir os aforros dos        clientes desas entidades. Se iso no se garante, como está a pasar no caso das         participacións preferentes, para que rescatamos entidades financeiras con        recursos públicos”, salientou Miranda.

        A iniciativa do BNG no Parlamento Europeo tamén interpela á Comisión Europea para que explique a súa posición como Executivo comunitario ante o   feito de que un Estado membro, como España, anuncie o rescate dunha  entidade como Bankia, cun desembolso de recursos públicos cifrado en  alomenos 20.000 millóns de euros, mentres é incapaz de dar unha solución       política para os afectados pola compravenda das participacións preferentes.

        O BNG considera que tanto a Xunta, así como os organismos de control -Banco         de España e Comisión Nacional do Mercado de Valores-, fixeron  “deixación    de         funcións” no caso da compravenda de participacións preferentes. “Nin foron         quen de garantir que os aforradores tivesen a información necesaria e con        transparencia para non ser enganados”, denunciou Vietiez.

        Neste, sentido, Santi Domínguez transmitiu ás plataformas dos afectados que         o BNG  seguirá coa súa ofensiva política en todas as institucións que sexan        necesarias para acadar unha solución política para que os aforradores   recuperen os seus depósitos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: