XUNTA PRESENTOU NA CORUÑA E VIGO A CAMPAÑA DE PROMOCIÓN TURÍSTICA PARA POTENCIAR OS AEROPORTOS DE ALVEDRO E PEINADOR

  • O investimento será equilibrado para cada aeroporto cun orzamento de un millón de euros en 2012 para cada terminal.
  • Desenvolverase unha campaña de marketing 360 graos baseada nunha estratexia que integra e combina nunha soa acción todas as tipoloxías de medios de comunicación, así como accións con intermediarios e compañías aéreas.
  • Entre as accións máis novidosas figura a tematización dos escaparates de Harrods en Londres ou sorteos nas redes sociais de viaxes a Galicia dende París, Londres e os mercados emisores españois.
  • Está previsto que chegue a 6,4 millóns de persoas ademais do impacto viral das accións en redes sociais e na Internet.

Santiago, 7 de xuño de 2012.- A secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, e mais o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, acompañados polas delegadas territoriais da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, e na Coruña, Beatriz Do Campo; respectivamente, presentaron hoxe as accións destinadas á promoción dos aeroportos galegos nos mercados emisores nacionais e internacionais que contan con conexións directas a Peinador e Alvedro. A secretaria xeral para o Turismo e mais o director xeral de Mobilidade deron conta das actuacións que conformarán a campaña de promoción turística destinada a potenciar os aeroportos de Peinador e Alvedro nos mercados emisores nacionais e internacionais que teñen conexión directa cos aeroportos galegos.

Na súa intervención, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, explicou que o Goberno galego pretende con esta campaña aumentar a cifra de pasaxeiros e mellorar a estratexia de promoción dos aeroportos galegos pasando dos convenios de patrocinio publicitario con liñas aéreas a unha estratexia de promoción do destino Galicia nos destinos con voos directos aos aeroportos galegos, destinada a potenciar e dar a coñecer Galicia na súa dimensión turística, gastronómica, cultural, paisaxística e natural en destinos nacionais. O director xeral salientou que “o investimento será equilibrado para cada aeroporto cun orzamento para o ano 2012 de un millón de euros en cada terminal”. A Xunta de Galicia  contará coa colaboración das compañías aéreas ás que convidará a participar nas campañas que se leven a cabo. “Para o Goberno galego o operativo é ser capaces de encher os avións e incrementar o número de conexións a base de facer atractivo o destino Galicia”, precisou Rodríguez Bugarín.

 A Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, foi a encargada de elaborar a estratexia coas accións concretas que se levarán a cabo en cada mercado emisor. Segundo explicou a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, cómpre ter en conta que en Santiago xa se inviste un millón de euros no convenio de patrocinio publicitario con Ryanair que expira a finais de 2013, do mesmo xeito que en Alvedro e Peinador xa se levan investido 363.500 euros no convenio de patrocinio publicitario con Air Nostrum polo que agora se investirá o orzamento restante de 1.636.500 euros dividido a partes iguais entre Alvedro e Peinador para sufragar as accións da campaña que se presentou hoxe na Coruña e Vigo.

Carmen Pardo explicou as actuacións incluídas na campaña de promoción dos aeroportos galegos para este 2012 e detallou que se realizará unha adaptación da campaña de promoción dos Produtos Cabeceira de Marca que se vai levar a cabo en Galicia, incidindo na Coruña-Rías Altas e en Vigo-Rías Baixas como “portas de entrada a Galicia” e mostrando os Produtos Cabeceira de Marca que sustentan a mensaxe da Marca Turística.

A campaña de promoción

A campaña ten tres dimensións: público final, intermediarios e compañías aéreas. Trátase dunha campaña 360 graos baseada nunha estratexia que integra e combina nunha soa acción todas as tipoloxías de medios de comunicación cos que o público obxectivo da mesma poida ter contacto para conseguir un maior impacto.

Empregaranse tanto medios de comunicación escritos como radiofónicos e dixitais e agárdase que esta acción chegue a un público de alomenos 6,4 millóns aos que cómpre engadir o impacto viral das accións nas redes sociais e novas canles de comunicación.

 Nos medios de comunicación desenvolveranse accións publicitarias que inclúen creatividades relacionadas cos produtos Cabeceira da Marca Galicia, vinculados no caso da Coruña coa cidade e As Rías Altas e no caso de Vigo, coa cidade olívica e As Rías Baixas. Así, para a súa promoción na época estival estes destinos vincularanse cos produtos Cabeceira de Marca do Turismo Galego. De xeito que a campaña dirixida a promocionar Vigo-Rías Baixas vincularase cos produtos Faros e praias salvaxes, Bosques de Galicia, Paseando entre viñedos e a Ruta da Camelia. Ademais de desenvolver estratexias de promoción do Turismo Urbano. A campaña destinada a promocionar A Coruña-Rías Altas vincularase cos produtos Faros e praias salvaxes e Bosques de Galicia, así como a promoción específica do Turismo Urbano na cidade herculina.

Ademais desenvolveranse accións especiais de difusión dos destinos nos medios de comunicación seleccionados en cada caso consistentes en reportaxes e informacións específicas de experiencias turísticas que se poden vivir viaxando á Coruña-Rías Altas ou Vigo-Rías Baixas dende os aeroportos con conexión directa con Alvedro e Peinador dende Londres, París, Madrid, Barcelona, Bilbao e Sevilla.

Doutra parte, nos mercados emisores españois empregarase tamén a radio para comunicar ambos destinos a través de programas especiais nos que intervirán prescritores de opinión con información especificamente dirixida a comunicar os destinos.

Con respecto ás accións de promoción na Internet e nas Redes Sociais, elaborarase un micro-site que conterá información sobre os destinos así como un vídeo promocional de cada unha das áreas ao que se accederá dende as versións electrónicas dos medios de comunicación seleccionados para a campaña. Conterá información dos voos e do destino así como as bases para participar nun sorteo que no caso de Londres e París consistirá nunha viaxe  integrada por unha viaxe de ida e volta con aloxamento en Galicia máis unha experiencia turística consistente nunha ruta en helicóptero divisando o territorio de Vigo-Rías Baixas e A Coruña-Rías Altas. No caso do turismo procedente dos aeroportos españois seleccionados, organizarase un concurso que terá como premio paquetes vacacionais onde se inclúen as experiencias turísticas relacionadas cos Produtos Cabeceira de Marca.

Outras accións

Ademais da campaña de publicidade online e offline levarase a cabo outras accións de difusión e comunicación directa dos destinos entre os líderes de opinión dos mercados emisores para o que se empregarán diferentes medios e formatos

Outras das accións novidosas que integran a campaña serán a participación no evento ‘Hampton Court Flower Show’ para a promoción específica da Ruta da Camelia no mercado británico ou a tematización dos escaparates de Harrods.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: