Ayuntamiento de vigo 08-06-12


Vigo é pioneiro en facilitar os trámites de apertura de comercios de menos de 300 metros cadrados

O Concello de Vigo xa adaptou a súa normativa para flexibilizar os trámites para conseguir licenzas comerciais. Segundo as directrices do RDL de 25 de maio de liberalización do comercio, determinadas actividades de locais con menos de 300 metros cadrados de superficie, se someten a un proceso de comunicación previa e poden iniciar a súa actividade.

 


O Concello aproba axudas por 75.000 euros á creación de empresas e á contratación

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, entre os que figura a convocatoria das achegas municipais á creación de empresas, con 50.000 euros, e á contratación de desempregados censados en Vigo con dificultades de inserción laboral, con 25.000 euros.

 


O alcalde visita a carpa que exhibe ata o domingo o Ferrari que pilota Fernando Alonso

Abel Caballero presentou hoxe venres o monoplaza de reserva de Ferrari que pilota Fernando Alonso e que se exhibirá en Vigo toda a fin de semana. Os aficionados ao mundo do deporte e do motor poderán achegarse á carpa, situada na farola de Urzáiz, ata o próximo domingo 10 de xuño.

 

Subvencións de Política Social

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 25 de maio de 2012, aprobou, entre outros asuntos “As bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o ano 2012.

 

Sesión de “networking”

A Concellería de Xuventude e Concellería de Emprego convocan unha sesión de “networking” co obxectivo de dinamizar e promover un mellor coñecemento do mercado laboral e das estratexias e necesidades presentes nos procesos de busca de emprego no mercado de traballo de hoxe. As empresas que participarán nestas primeiras sesións serán Randstad, Alliance, Ega Consultores e Adecco. Serán xornadas de unha tarde.

 

Convocatoria pública de solicitudes para fase 13 do Casco Vello e fase 8 do Barrio Histórico de Bouzas,programa de rehabilitación de edificios e viviendas de Vigo

Asinados os convenios correspondentes en data 14.05.2012 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, procédese á convocatoria pública das solicitudes de axudas segundo a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco Vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010 ou ordenanza que estea en vigor.

 

Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, ano 2012

A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 25 de maio de 2012, aprobou, entre outros asuntos As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2012.

 

Pechadas ao tráfico varias rúas da cidade por obras

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: