GALA SOLIDARIA CON IMPORTANTES ARTISTAS INTERNACIONAIS

 Festiclown Wirikuta organiza unha gran gala solidaria de circo en México DF

 O vindeiro sábado día 9 de xuño ás 18 horas celebrarase a gran Gala Internacional de Circo Solidario na Carpa Demente de DF. A que será a penúltima acción de Festiclown Wirikuta congregará a importantes artistas a nivel internacional e local en solidariedade cos pobos indíxenas mexicanos.

 Presentada por Adriana Moles, a Gala contará con artistas como el Master Aziz Gual “o pallaso consentido de México” (clown), Gauthier (bicicletas, Francia), Leo Constantini (chapeus), El Davidson (Mèxico, Cable), Ch Ch Watts (ricky roma), Marianita Diaz Vielma (México, Aro), as compañías Sobre las nubes (México), Kanbahiota (España), Pallasos en Rebeldía (Galicia) e a Sensacional Orquesta Camboyana de Sullivan Amenizando, entre outro/as artistas.
   
 Cunha entrada solidaria de 80 pesos, esta será unha das principais actividades do Festiclown Wirikuta, xa que aúna a compañías estranxeiras con locais, fortalecendo un tecido social e cultural a través da arte pola defensa dos dereitos dos pobos indíxenas.

ACCIÓN EN ATENCO

Pallasos en Rebeldía apoia á fronte de Pobos en Defensa da Terra (FPDT)

 Como peche do primeiro Festiclown Wirikuta, o vindeiro domingo 10 de xuño Pallasos en Rebeldía estará actuando na praza do Zócalo, en apoio á fronte de Pobos en Defensa da Terra (FPDT) á chegada de márcha – manifestación do “Halconazo”, que se celebra para conmemorar as mortes dos estudantes asasinados por francotiradores nesta mesma data en 1971.
       
 A Fronte de Pobos en Defensa da Terra (FPDT) é unha organización campesiña cuxa presión detivo, entre outros agravios contra as comunidades locais, a construción do novo aeroporto de México, D. F. en 2001 ou no pasado febreiro cando máis de 400 membros da Fronte opuxéronse en Texcoco a que unha empresa usurpase unha extensión de terreo a campesiño/as. Ademais, o FPDT é adherente á Outra Campaña e mantén alianzas co Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) e con grupos como a Fronte Popular Francisco Vila.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: