O CETMAR FOMENTA O CONSUMO RESPONSABL​E DOS PRODUTOS DA PESCA ARTESANAL A TRAVÉS DUNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN

 A directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar, Paloma Rueda, inaugurou a campaña “Compro responsable, penso no futuro. Pesca artesanal responsable”

Vigo, 8 de xuño de 2012.- O Centro Tecnolóxico do Mar fomenta o consumo responsable da pesca artesanal a través da  campaña “Compro responsable, penso no futuro. Pesca artesanal responsable”. A directora-xerente da Fundación CETMAR, Paloma Rueda Crespo, inaugurou a apertura da campaña esta mañá no Mercado do Progreso en Vigo. A iniciativa deu comezo co reparto de material promocional aos clientes dos postos de venda de peixe.

A Consellería do Medio Rural e do Mar instalou no Progreso carteis informativos sobre diferentes aspectos das especies mariñas comercializadas, así como vedas ou tallas. Ademais os cidadáns que merquen produtos derivados da pesca no mercado vigués recibirán unha camiseta como agasallo. A prenda está deseñada cos lemas “pesco responsable, penso no futuro” e “compro responsable, penso no futuro”. Esta iniciativa parte da idea de que a pesca responsable implica a participación dos pescadores, cando realizan a actividade, e tamén dos consumidores, cando compran produtos do mar.

Esta campaña enmárcase no proxecto PRESPO para o desenvolvemento sustentable da pesca artesanal no Arco Atlántico, financiado polo Programa Espacio Atlántico da Comisión Europea, no que CETMAR traballou xunto a institucións de Francia e Portugal.

Proxecto PRESPO

O obxectivo final de PRESPO é mellorar a xestión das pesqueiras artesanais facéndoas sostibles tanto dende un punto de vista biolóxico como social, económico e ambiental. Para acadalo desenvolveu ferramentas que permiten mellorar a eficiencia na xestión dos recursos pesqueiros explotados pola flota artesanal no Espacio Atlántico. Deste xeito, contribúese á sustentabilidade das comunidades pesqueiras, garantindo o mantemento dos postos de traballo do sector e a xeración de riqueza no litoral.

Entre os resultados do proxecto podería destacarse a base de datos de iniciativas de diversificación socioeconómica ou a plataforma interactiva que mostra a evolución histórica da flota pesqueira no Arco Atlántico, dispoñibles para a súa consulta na páxina Web do proxecto (http://www.cripsul.ipimar.pt/PRESPO).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: