Archive | junio 12, 2012

Ayuntamiento de Vigo 12-06-12


O Imaxina Sons chega á oitava edición cun orzamento axustado sen mermar a calidade

O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, e o director artístico do evento, Nani García, presentaron este martes a nova edición do Festival de Jazz de Vigo, que traerá a distintos espazos da cidade novas propostas locais, nacionais e internacionais do 21 ao 30 de xuño.

 


O alcalde presenta o festival solidario de Acopovi en favor do Banco de Alimentos

25 corais da cidade actuarán o próximo domingo 17 en favor do Banco de Alimentos nun concerto simultáneo en seis ubicacións distintas na cidade. Así o avanzou esta mañá o rexedor, nun encontro no que estivo acompañado por Javier Lorenzo, director da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo e varios representantes de polifónicas.

 


Vigo acollerá por segunda vez a entrega dos premios da Fundación Luis Tilve

Os responsables da Fundación Luis Tilve trasladaron hoxe martes a súa intención de organizar en Vigo a próxima entrega dos premios solidarios Luis Tilve. O rexedor mantivo un encontro co secretario da Fundación, Roxelio Pérez Poza e o secretario xeral de UXT Vigo, Antonio Juste.

 

Convocatoria do novo curso 2012-2013 das escolas municipais de música e artes escénicas

O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2012-2013 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes escénicas. De xeito unitario, realízase esta convocatoria dirixida á toda a cidadanía, nenos e maiores, animando á práctica afeccionada das artes musicais e teatrais, a través da súas ensinanzas e agrupacións.

Clausura talleres de mayores Concello de Salceda

  Salceda ven de clausurar o primeiro Taller de Recuperación de Memoria, organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda.

Entre os asistentes atopábase, ademáis da Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social Marina Cabaleiro, o director da oficina de la Caixa de Salceda, José Manuel Ferreira e o subdirector Pedro Romero; en representación da entidade que colaborou económicamente co proxecto a través da súa obra social. Pedro Romero, sinalou que é moi positivo poder colaborar nestas actividades coa xente de Salceda e que seguirán colaborando cas iniciativas que partan do Concello, sempre que lles sexa posible.

O acto tivo lugar nun ambiente festivo, no que non faltou a música aportada por os propios participantes nos Talleres.

No acto fíxose entrega dun diploma de asistencia e un pequeno agasallo aos 20 participantes, que levan acudindo a estes talleres dende o mes de marzo.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da área de Benestar, sinala a importancia da colaboración da entidade de La Caixa, sen a cal non se poderían levarse a cabo este tipo de actividades. “Despois desta boa acollida, dende a Concellería queremos continuar con esta actividade, polo que vamos, a darlle continuación grazas a algunhas voluntarias que van a continuar cos talleres un día por semán; para poder despois retomar a actividade en setembro da mesma forma que ata agora”.

BRAVO BOSCH ANIMA ÁS VIGUESAS A PARTICIPAR NA 7ª EDICIÓN DA CARREIRA FEMININA “CORRER E ANDAR” POLO SEU FIN LÚDICO E SOCIAL

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo participou esta mañá na presentación do evento, que se celebra este domingo día 17 e ten un percorrido de 4 quilómetros.
  • Unha parte do importe das inscricións destinarase á unha entidade social no ámbito da muller que, este ano, é para a Asociación Española contra o Cancro. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE O PLAZO PARA OPTAR A BOLSEIRO DO PLAN RE-ACCIONA QUE CONVERTERÁ A 100 NOVOS TITULADOS EN ESPECIALIS​TAS NA MELLORA COMPETITIV​A DAS PEMES

O programa de formación e promoción do emprego do Igape conta cunha dotación de 1 millón de euros e poderá solicitarse desde mañá

§ Os seleccionados no marco da convocatoria publicada hoxe no DOG recibirán formación especializada antes e durante o período de prácticas no que poderán prestar servizos en ata catro pemes diferentes, titorizados por expertos

§ Este programa formativo é parte do Plan ReAcciona que conta cunha dotación global de 5 millóns de euros

§ Este Plan ten como obxectivo facer máis de 2.200 diagnoses de competitividade e internacionalización nas pemes galegas e prestar servizos de alta calidade para aplicar melloras competitivas concretas nestas empresas

LATINOAMER​ICA EN GALICIA: REDE DE PLATAFORMA​S DE GALICIA NO EXTERIOR (ARXENTINA​, BRASIL E COLOMBIA)

Data e lugar:

19 de xuño Club Financiero de Vigo

Horario: 18:30 a 20:00

20 de xuño Club Financiero de A Coruña

Horario: 18:30 a 20:00

Con intervencións de: 

Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra.
Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.
E presentacións de oportunidades de negocio en Latinoamérica a cargo de: a Directora da Plataforma da Rede Pexga en Arxentina,  María Teresa Galiñanes Riveiro, o Director da Plataforma da Rede Pexga en Brasil, Guilherme Lima Laurino e da Directora da Plataforma da Rede Pexga en Colombia, Mariana Salazar.

Inscrición en: http://xornadas.igape.es

JAVIER GUERRA SALIENTA A IMPORTANCIA DOS CENTROS TECNOLÓXICOS NA XERACIÓN DA I+D+I ORIENTADA Á MELLORA COMPETITIVA DA EMPRESA GALEGA

O conselleiro de Economía e Industria participou na presentación da Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (Atiga) que suma activos por 63 millóns e 1.400 empresas como clientes

§ Os centros tecnolóxicos mobilizan co Programa Interconnecta, promovido pola Xunta, preto de 8 millóns de euros

§ Guerra lembra que coa nova Lei de Innovación que estase a tramitar buscase que cada euro destinado a I+D teña un resultado concreto en beneficio da sociedade galega

§ O conselleiro avanza que a Axencia Galega da Innovación está a deseñar a convocatoria de contratos-programa para apoiar a actividade investigadora e innovadora dos centros de coñecemento galegos

Talleres para familias “Verano de Diseño”- sábado 16 y domingo 17 junio- Fundación Barrié Vigo

 
Los talleres son gratuitos y la inscripciónse cierra el viernes, 15 de junio.
“Verano de Diseño” es  unprograma didáctico gratuito organizado por educaBarrié, en el que niñosy mayores podrán participar durante los meses estivales de campamentossemanales, talleres para familia y niños y visitas guiadas abiertas a gruposy al público en general, en torno a la exposición “Diseño de Sistemas.Escuela de Ulm”, en Vigo.
Las actividades, todas gratuitas,han de reservarse previamente bien presencialmente (Policarpo Sanz, 31)o en el teléfono 986 110 220. Más información en www.fundacionbarrie.orgy www.educabarrie.org.
La exposición “Diseño de Sistemas.Escuela de Ulm” muestra una visión panorámica del trabajo de la Escuelade Ulm (1953-1968) en la configuración del diseño y formación de los diseñadores.Incluye un recorrido en el que se explora –desde los antecedentes hastala actualidad- el concepto de sistema, que tanto ha contribuido a configurarnuestra realidad cotidiana.

Talleres para familias "Verano de Diseño"- sábado 16 y domingo 17 junio- Fundación Barrié Vigo

 
Los talleres son gratuitos y la inscripciónse cierra el viernes, 15 de junio.
“Verano de Diseño” es  unprograma didáctico gratuito organizado por educaBarrié, en el que niñosy mayores podrán participar durante los meses estivales de campamentossemanales, talleres para familia y niños y visitas guiadas abiertas a gruposy al público en general, en torno a la exposición “Diseño de Sistemas.Escuela de Ulm”, en Vigo.
Las actividades, todas gratuitas,han de reservarse previamente bien presencialmente (Policarpo Sanz, 31)o en el teléfono 986 110 220. Más información en www.fundacionbarrie.orgy www.educabarrie.org.
La exposición “Diseño de Sistemas.Escuela de Ulm” muestra una visión panorámica del trabajo de la Escuelade Ulm (1953-1968) en la configuración del diseño y formación de los diseñadores.Incluye un recorrido en el que se explora –desde los antecedentes hastala actualidad- el concepto de sistema, que tanto ha contribuido a configurarnuestra realidad cotidiana.

XUNTA AVOGA POR REORIENTAR A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE LIBRANZA DE COIDADOR CARA Á CONTRATACIÓN DE PROFESIONAIS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento galego para dar conta das actuacións do departamento autonómico en materia de dependencia no que vai de lexislatura
  • Mato referiuse á proposta realizada polo Goberno galego ao Estado para reorientar  a prestación económica por coidados no contorno familiar cara a unha prestación para contratar a un coidador persoal cunha formación acreditada e de alta na seguridade social
  • A Xunta apela a que se prime a prestación de servizos nos criterios de reparto dos orzamentos estatais destinados á dependencia
  • Actualmente, os servizos representan o 60 por cento das prestacións recoñecidas en Galicia fronte ás libranzas do coidador familiar, cando a media do Estado está nun 45 por cento, 15 puntos por debaixo
  • O investimento en dependencia en Galicia durante a lexislatura ascendeu a 1.390 millóns en global, dos cales 1.010 millóns foron achegados pola comunidade autónoma Leer Más…

inauguraci​ón do XVII Workshop On Dynamic Macroecono​mics

  O deputado Alberto Pazos participa na inauguraci​ón do XVII Workshop On Dynamic Macroecono​mics que desenvolve a Universida​de de Vigo no Castelo de Soutomaior​