Ayuntamiento de Vigo 12-06-12


O Imaxina Sons chega á oitava edición cun orzamento axustado sen mermar a calidade

O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, e o director artístico do evento, Nani García, presentaron este martes a nova edición do Festival de Jazz de Vigo, que traerá a distintos espazos da cidade novas propostas locais, nacionais e internacionais do 21 ao 30 de xuño.

 


O alcalde presenta o festival solidario de Acopovi en favor do Banco de Alimentos

25 corais da cidade actuarán o próximo domingo 17 en favor do Banco de Alimentos nun concerto simultáneo en seis ubicacións distintas na cidade. Así o avanzou esta mañá o rexedor, nun encontro no que estivo acompañado por Javier Lorenzo, director da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo e varios representantes de polifónicas.

 


Vigo acollerá por segunda vez a entrega dos premios da Fundación Luis Tilve

Os responsables da Fundación Luis Tilve trasladaron hoxe martes a súa intención de organizar en Vigo a próxima entrega dos premios solidarios Luis Tilve. O rexedor mantivo un encontro co secretario da Fundación, Roxelio Pérez Poza e o secretario xeral de UXT Vigo, Antonio Juste.

 

Convocatoria do novo curso 2012-2013 das escolas municipais de música e artes escénicas

O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2012-2013 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes escénicas. De xeito unitario, realízase esta convocatoria dirixida á toda a cidadanía, nenos e maiores, animando á práctica afeccionada das artes musicais e teatrais, a través da súas ensinanzas e agrupacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: