MÁIS DE 50 PERSOAS PARTICIPAN HOXE EN VIGO NO III FORO GALEGO DA SOLIDARIED​ADE QUE ORGANIZA A CONSELLERÍ​A DE BENESTAR

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, inauguraron este encontro

  • É o terceiro dos seis foros que se están organizando en distintas cidades galegas
  • O encontro de Vigo céntrase nas persoas que toman parte nas organizacións solidarias

Vigo, 13 de xuño de 2012.- Máis de 50 persoas, entre voluntarios e xestores de entidades e concellos da provincia de Pontevedra, están a tomar parte hoxe no III Foro galego da solidariedade, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, inauguraron esta mañá este encontro, que se prolongará ata as 14,00 horas. Trátase do terceiro foro dunha serie de seis que está a organizar o departamento autonómico en distintas cidades galegas. Os primeiros celebráronse en Lugo e Ourense.

Cada un dos foros céntrase nun aspecto diferente co fin de “propiciar a reflexión e o debate sobre aqueles aspectos cruciais para o desenvolvemento da acción voluntaria en Galicia”. No caso de Vigo, o eixo da xornada é o papel das persoas nas organizacións solidarias. Deste xeito, o foro pretende convértese  nun espazo de encontro entre distintas persoas, e propiciar conversacións sobre as relacións entre todas elas.

Así, entre outros temas, ao longo do foro trataranse os seguintes aspectos: a xestión do incremento da demanda en entidades de acción social; os relevos no liderado das asociacións; a situación laboral das persoas contratadas no terceiro sector; as competencias das persoas para o funcionamento en rede; o voluntariado de persoas con diversidade funcional; as motivacións das persoas para a acción voluntaria; o liderado e emprendemento social; e os equilibrios de poder na xestión das organizacións.

Este programa de foros inscríbese na aposta da Xunta polo voluntariado, que supuxo tamén actualizar e modernizar os instrumentos normativos e de planificación nesta materia. Destacan, neste eido, a posta en marcha do Plan galego de acción voluntaria 2011-2014 e a Lei de acción Voluntaria.

 En canpo ao Plan 2011-2014 é unha estratexia que recolle 89 accións en diversos campos para promover e mellorar o voluntariado en Galicia. A Lei, pola súa banda, foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego o pasado mes de novembro. Esta normativa adáptase ás últimas directrices europeas. Entre os seus aspectos máis destacados, cabe salientar que garante que, por primeira vez, as persoas voluntarias consigan unha certificación oficial do seu labor e experiencia. Rodeiro lembrou que en Galicia existe un “firme compromiso” cidadán coa acción voluntaria, especialmente entre os mozos e mozas, xa que un 60,3 por cento están interesados en participar nalgún dos proxectos das organizacións non gobernamentais

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: