O BNG presentará unha moción no vindeiro pleno para esixir a apertura do Centro Galego de Fotografía

 Vigo, 13 de xuño de 2012.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, e a concelleira nacionalista Iolanda Veloso, anunciaron que no vindeiro pleno o Bloque presentará unha moción na que esixe ao goberno local a apertura no prazo máis breve posible do Centro Galego de Fotografía. Segundo salientou Santi Domínguez, o que acontece con estas instalacións culturais demostra a “paralización cultural” do goberno da cidade no eido cultural, así como a súa incapacidade negociadora con outras administracións.

“Que o goberno local diga que non hai cartos para dotar ao Centro Galego de Fotografía amosa a total falta de planificación do goberno”, Santi Domínguez, quen manifestou a sorpresa do grupo nacionalista diante destas declaracións, tendo en conta que xa se aprobaron os orzamentos municipais. “Levamos un ano reclamando o impulso deste centro e o goberno se entera agora de que non teñen recursos. Isto demostra a súa falta de interese”, destacou.

O portavoz municipal do BNG avanzou tamén que a moción insta ao goberno local a realizar as xestións oportunas co Ministerio de Cultura, a Xunta de Galiza e Deputación Provincial de Pontevedra para conseguir os recursos necesarios para o seu equipamento. “Esta sería unha maneira de compensar o abandono que o PP fixo doutras instalacións culturais da cidade, subliñou. Explicou ademais que de non frutificar estes contactos, o documento insta ao goberno local a presentar antes de final de ano unha modificación orzamentaria para dotar ao Centro Galego de Fotografía, reducindo outras partidas como protocolo, publicidade e programas de alcaldía.

Autofinanciamento

Santi Domínguez fixo fincapé no traballo feito polo BNG na Concellería de Cultura do mandato anterior para axilizar a posta en marcha desta nova dotación. “Deixámoslle todo feito, o edificio, o proxecto e as ideas para que o Centro Galego de Fotografía se poidera autofinanciar, algo que estamos plenamente convencidos de que é posible”, subliñou. O proxecto xa elaborado contemplaba que este centro albergara os diferentes arquivos fotográficos, -como Pachego, Ksado e Llanos-, e a celebración de exposicións temporais, así como a posibilidade de realizar un máster fotográfico en colaboración coa Universidade de Vigo e de que os usuarios e usuarias poideran mercar láminas directamente. Incluía asemade unha sala de restauración e outra de obradoiros.

“Hai que facer algo máis que pasear pola rúa, que está moi ben. É necesario xestionar”, instou o nacionalista, reclamando que o goberno local volva a contar co equipo que traballaba na dixitalización e posta en valor do Arquivo Pacheco. Neste sentido, Iolanda Veloso salientou o traballo de investigación feito por este equipo, que de 150.000 imaxes dixitalizáronse 58.000 fotografías, e alertou do risco real que existe de de que se estraguen, coa terrible perda patrimonial que sería.

A concelleira do BNG destacou que a cidade conta conta cun “importante tesouro fotográfico”, polo que ao seu xuízo, “se nalgún sitio ten que haber un Centro Galego de Fotografía é en Vigo”. Salientou ademais o traballo feito pola anterior Concellería de Cultura na promoción da cultura deste país e en concreto no impulso destas instalacións. “Fixemos un gran esforzo e quedou en construción o edificio, así como o proxecto preparado. Tendo o edificio e os arquivos non parece que haxa que explicar moito máis”, ironizou.

Emprego

Iolanda Veloso tamén fixo fincapé na repercusión que ten a actividade cultural no desenvolvemento económico, en tanto que a cultura xenera o 2,5% postos de traballo, segundo apuntan os datos do Consello da Cultura Galega. “O goberno local non pode seguir con esta inacción”, concluíu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: