Archive | junio 15, 2012

La CEP defiende a NovaGalici​a Banco ante ataque del comisario europeo de competenci​a

  Vigo, 15 de junio de 2012.- Los empresarios pontevedreses salieron al paso de las declaraciones del comisario europeo de competencia, Joaquín Almunia, que consideran imprudentes y que son perjudiciales para la única entidad bancaria que queda en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal. Leer Más…

Folga ITV -Vigo

 A CIG convoca dúas xornadas de folga parcial e concentracións nas ITV en resposta ao despedimento dun delegado

A empresa SyC, concesionaria do servizo, acusouno de facer un uso excesivo de horas sindicais durante a negociación do convenio

VIGO/15-06-12

A CIG anunciou hoxe o inicio dunha campaña de mobilizacións contra o despedimento dun delegado da central nacionalista no comité de Supervisión y Control (SyC), empresa concesionaria das ITV galegas. As protestas incluirán dúas xornadas de folga parcial e a celebración de concentracións de apoio en todas as estacións do país.

O anuncio foi feito hoxe en rolda de prensa polos responsábeis do Metal, que estiveron acompañados polo secretario comarcal de Vigo e polo propio afectado, Antonio Rosales, quen explicou que SyC resolveu co seu despedimento o expediente aberto por un suposto uso abusivo de horas sindicais durante a negociación do convenio colectivo de empresa que substituirá o do Metal da Coruña, xa que entende que se trata dunha falta moi grave.

Dende a CIG xa adiantaran unha “resposta contundente” na rúa e nos tribunais nada máis coñecer a decisión da compañía porque entende que se trata dunha manobra para desfacerse dunha persoa “combativa, coherente e respectuosa cos dereitos dos seus compañeiros/as”. Polo tanto, ademais de recorrer a medida nos xulgados, poñen en marcha un calendario de mobilizacións que inclúe unha convocatoria de folga de catro horas (de 8.00 a 12.00 horas) para os días 29 e 30 de xuño. Ao mesmo tempo, levarán a cabo concentracións en todas as estacións do país os días 18, 19 e 20 de xuño coincidindo co cambio de quenda (de 14.00 a 15.00 horas).

pie de foto: dereita a esquerda, Manolo Simón, secretario comarcal CIG-Metal Vigo; Serafín Otero, secretario comarcal da CIG de Vigo; Xosé Xoán Bouzas Aboi, secretario nacional CIG-Metal; Antonio Rosales, traballador despedido; e Serxio Fontanes, responsábel provincial de Negociación Colectiva

A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN E REFORMA DO CEIP O POMBAL, NO QUE A XUNTA INVISTE 572.000 EUROS, ESTARÁ REMATADA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe o centro educativo, que xa conta cun novo comedor escolar onde se presta servizo ao redor de 100 nenos e nenas.
  • Durante a tempada estival, para non interferir no día a día da comunidade educativa, executaranse os traballos que restan, e que pasan polo cambio de cuberta e unha ampliación da segunda planta en 370 m2 para ubicar ata 8 novas aulas.

Vigo, 15 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe o CEIP O Pombal, onde a Xunta de Galicia está a investir máis de 572.000 euros nas obras de reforma e ampliación do centro educativo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a executar unha reforma integral do centro cunha actuación que pasa pola ampliación do comedor escolar, mellorar e redistribuír os espazos actuais das plantas baixa e primeira ademais de ampliar a segunda planta do colexio. Así, cos traballos previstos, a Administración autonómica gañará unha superficie total de 371 metros cadrados ademais de actuar na reforma de 252 m2.

Bravo Bosch, acompañada dos técnicos do departamento territorial de Educación, do equipo directivo do centro e da empresa adxudicataria, comprobou in situ a execución das obras e puido observar como, na planta baixa, xa están rematados os traballos da primeira fase e que supuxeron a ampliación do comedor escolar, que pasou de ter unha superficie de 33 metros cadrados a un total de 118 m2, e nos que xa se está a ofrecer servizo ao redor de 100 nenos e nenas. “Era unha das peticións fundamentais do centro e de Foanpas”, considerou a delegada territorial. Na mesma planta baixa, tamén se realizaron traballos previos para mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas co obxectivo de cumprir así coa normativa establecida.

O BNG insta ao concello da Guarda a suspender o cobro “indiscriminado” de entradas de garaxes

“Para            o BNG esta              medida vai crear máis problemas de aparcamento dos que xa              existen no              concello”

A            Guarda, 15 xuño 2011.-            O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO denuncia que durante estes días            veciños            e veciñas da Guarda están a recibir cartas nas que se lles            obriga a            dar de alta “vados permanentes” en entradas de garaxes sen            telo            solicitado. Leer Más…

Peches Bankia

 Peches da CIG en oficinas de Bankia nas cidades de Galiza para denunciar “o saqueo masivo e descarado” do rescate.http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-6-2012/peches-da-cig-en-oficinas-de-bankia-nas-cidades-de-galiza-para-denunciar-o-saqueo-ma-No caso de Vigo o peche produciuse na oficina de Caja Madrid da rúa Urzáiz. A ocupación desenvolveuse entre as 12.00 e as 13.00 horas e non se rexistraron incidentes. O secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, lembrou que o rescate de Grecia ou Irlanda non axudou a eses países a saír da crise.

‘A cea dos idiotas’ en Vigo

I     Josema Yuste protagoniza a versión que el mesmo realizou

15.06.2012. O Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá, o venres 22 e o sábado 23 de xuño ás 22:00 h, dúas funcións dunha das pezas de teatro francés contemporáneo máis aclamadas, A cea dos idiotas de Francis Veber. Leer Más…

'A cea dos idiotas' en Vigo

I     Josema Yuste protagoniza a versión que el mesmo realizou

15.06.2012. O Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá, o venres 22 e o sábado 23 de xuño ás 22:00 h, dúas funcións dunha das pezas de teatro francés contemporáneo máis aclamadas, A cea dos idiotas de Francis Veber. Leer Más…

VIGO RECIBE POR TERCEIRA VEZ la escoba de Platino

 O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu esta tarde en Madrid o máximo galardón en xestión de residuos e limpeza urbana Caballero agradeceu a cooperación da cidade e animou aos cidadáns a seguir nesta dirección.-A Escoba de Platino 2012 é o terceiro recoñecemento consecutivo que obtén a cidade Leer Más…

Concello de Vigo 15-06-12


O alcalde di que os xurídicos aprecian “serias inconstitucionalidades” na lei de Área Metropolitana de Vigo

Abel Caballero, quen participou nun acto con colectivos sobre a Área Metropolitana de Vigo, adiantou que existen “avances” dos informes xurídicos internos e externos que “apuntan a toda unha batería de serias inconstitucionalidades” dunha lei que “limita seriamente” a autonomía e a capacidade de goberno de Vigo.

 


Caballero ofrece a Ana Pastor o apoio do Concello para reclamar a Autopista do Mar de Vigo

A ministra de Fomento, Ana Pastor, contará con todo a cooperación do Concello e dos grupos socialistas do Congreso e do Senado na demanda da posta en marcha da Autopista do Mar. Así o dixo hoxe venres o rexedor, quen cualificou a infraestrutura “fundamental para a competitividade de Vigo e de Citroën”.

 


O rexedor agradece á cidadanía a súa cooperación para que Vigo sexa a cidade máis limpa de España

O alcalde de Vigo felicitouse esta mañá porque a cidade recibiu por terceira vez consecutiva o máximo recoñecemento español en limpeza para cidades de máis de 250.000 habitantes. Caballero, quen recolleu onte en Madrid a escoba de platino, agradeceu a cidadanía a cooperación activa para conseguir este galardón.

 


Primeiro Encontro cinematográfico Vigo, límite 36 horas

A Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, organiza o primeiro encontro cinematográfico Vigo Límite 36 horas, os días 27, 28, 29 e 30 de xuño. O prazo de inscrición está aberto e finaliza o 26 de xuño ás 15:00 horas.

 


Obradoiros de horta urbana ecolóxica

A concellería de Xuventude organiza uns obradoiros de horta urbana ecolóxica que se celebrarán os meses de xullo, agosto e setembro no exteriores da Casa da Xuventude.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Pechadas ao tráfico as rúas Montecelo Alto, Enrique Lorenzo e camiño Blanqueiro

FIGUEROA SALIENTA QUE ACADAR UN 60% DE OCUPACIÓN TURÍSTICA MEDIA NOS CATRO MESES DE VERÁN “SERÍA UNHA BOA NOTICIA”

  Incide en que o turismo é un sector estratéxico na provincia e que ten ser tido en conta como tal

  • Subliña que á hora de valorar unha tempada turística non abonda con referirse á ocupación, senón que o estudo tense que facer con ocupación e gasto medio por turista

O vicepresidente da Deputación e presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, amosouse esta mañá confiado en que o sector turístico na provincia siga aguantando ben a crise como o está facendo ata o de agora e asegurou que “se se aguanta o sector en torno ao 60% de ocupación sería unha boa noticia”. Leer Más…