'A cea dos idiotas' en Vigo

I     Josema Yuste protagoniza a versión que el mesmo realizou

15.06.2012. O Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá, o venres 22 e o sábado 23 de xuño ás 22:00 h, dúas funcións dunha das pezas de teatro francés contemporáneo máis aclamadas, A cea dos idiotas de Francis Veber.

Pierre Brochant reúnese cada mércores cos seus amigos nunha cea, en que se disputan a honra de ser o que leve o invitado máis idiota. Nesta ocasión, Brochant non atopou aínda un incauto a quen levar, polo que se deixa aconsellar por un amigo, que lle recomenda levar a François Pignon, un funcionario de Facenda obsesionado con fabricar esculturas de mistos. Como aínda non o coñece, Brochant decide invitalo á súa casa, o que se converte nunha das peores decisións que xamais tomase.

Pignon, malia actuar sempre de boa fe, demostra ser un gafe e non fai máis que causarlle problemas a Brochant. A situación é cada vez máis divertida, xa que o idiota, non contento con causarlle unha extrema dor de cadrís, consegue que a súa muller o deixe, fai vir unha tola obsesionada con Brochant, reúneo co seu peor inimigo, fai que un inspector de Facenda o investigue, entre outras moitas desgrazas. Ao final, a obra pretende ser unha crítica á crueldade de Brochant, pero as xeniais intervencións telefónicas de Pignon fan que esa crueldade pareza pouca.

Baixo a experta dirección de Juan José Afonso e protagonizada por Josema Yuste, Agustín Jiménez e Félix Álvarez Felisuco, A cea dos idiotas retorna agora aos nosos escenarios para mostrarnos unha intelixente crítica a unha sociedade en que non é doado saber quen é realmente o idiota.

As entradas están xa á venda en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: