A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN E REFORMA DO CEIP O POMBAL, NO QUE A XUNTA INVISTE 572.000 EUROS, ESTARÁ REMATADA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe o centro educativo, que xa conta cun novo comedor escolar onde se presta servizo ao redor de 100 nenos e nenas.
  • Durante a tempada estival, para non interferir no día a día da comunidade educativa, executaranse os traballos que restan, e que pasan polo cambio de cuberta e unha ampliación da segunda planta en 370 m2 para ubicar ata 8 novas aulas.

Vigo, 15 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe o CEIP O Pombal, onde a Xunta de Galicia está a investir máis de 572.000 euros nas obras de reforma e ampliación do centro educativo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a executar unha reforma integral do centro cunha actuación que pasa pola ampliación do comedor escolar, mellorar e redistribuír os espazos actuais das plantas baixa e primeira ademais de ampliar a segunda planta do colexio. Así, cos traballos previstos, a Administración autonómica gañará unha superficie total de 371 metros cadrados ademais de actuar na reforma de 252 m2.

Bravo Bosch, acompañada dos técnicos do departamento territorial de Educación, do equipo directivo do centro e da empresa adxudicataria, comprobou in situ a execución das obras e puido observar como, na planta baixa, xa están rematados os traballos da primeira fase e que supuxeron a ampliación do comedor escolar, que pasou de ter unha superficie de 33 metros cadrados a un total de 118 m2, e nos que xa se está a ofrecer servizo ao redor de 100 nenos e nenas. “Era unha das peticións fundamentais do centro e de Foanpas”, considerou a delegada territorial. Na mesma planta baixa, tamén se realizaron traballos previos para mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas co obxectivo de cumprir así coa normativa establecida.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: