Concello de Vigo 15-06-12


O alcalde di que os xurídicos aprecian “serias inconstitucionalidades” na lei de Área Metropolitana de Vigo

Abel Caballero, quen participou nun acto con colectivos sobre a Área Metropolitana de Vigo, adiantou que existen “avances” dos informes xurídicos internos e externos que “apuntan a toda unha batería de serias inconstitucionalidades” dunha lei que “limita seriamente” a autonomía e a capacidade de goberno de Vigo.

 


Caballero ofrece a Ana Pastor o apoio do Concello para reclamar a Autopista do Mar de Vigo

A ministra de Fomento, Ana Pastor, contará con todo a cooperación do Concello e dos grupos socialistas do Congreso e do Senado na demanda da posta en marcha da Autopista do Mar. Así o dixo hoxe venres o rexedor, quen cualificou a infraestrutura “fundamental para a competitividade de Vigo e de Citroën”.

 


O rexedor agradece á cidadanía a súa cooperación para que Vigo sexa a cidade máis limpa de España

O alcalde de Vigo felicitouse esta mañá porque a cidade recibiu por terceira vez consecutiva o máximo recoñecemento español en limpeza para cidades de máis de 250.000 habitantes. Caballero, quen recolleu onte en Madrid a escoba de platino, agradeceu a cidadanía a cooperación activa para conseguir este galardón.

 


Primeiro Encontro cinematográfico Vigo, límite 36 horas

A Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, organiza o primeiro encontro cinematográfico Vigo Límite 36 horas, os días 27, 28, 29 e 30 de xuño. O prazo de inscrición está aberto e finaliza o 26 de xuño ás 15:00 horas.

 


Obradoiros de horta urbana ecolóxica

A concellería de Xuventude organiza uns obradoiros de horta urbana ecolóxica que se celebrarán os meses de xullo, agosto e setembro no exteriores da Casa da Xuventude.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Pechadas ao tráfico as rúas Montecelo Alto, Enrique Lorenzo e camiño Blanqueiro

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: