FIGUEROA SALIENTA QUE ACADAR UN 60% DE OCUPACIÓN TURÍSTICA MEDIA NOS CATRO MESES DE VERÁN “SERÍA UNHA BOA NOTICIA”

  Incide en que o turismo é un sector estratéxico na provincia e que ten ser tido en conta como tal

  • Subliña que á hora de valorar unha tempada turística non abonda con referirse á ocupación, senón que o estudo tense que facer con ocupación e gasto medio por turista

O vicepresidente da Deputación e presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, amosouse esta mañá confiado en que o sector turístico na provincia siga aguantando ben a crise como o está facendo ata o de agora e asegurou que “se se aguanta o sector en torno ao 60% de ocupación sería unha boa noticia”.

Aínda que indicou que o obxectivo é situarse entre o 65 e o 70% de ocupación, nos tempos actuais “hai que ser realista” e valorar como positiva unha ocupación media para os meses de xuño a setembro do 60%, o que indicaría que o sector está resistindo ben.

Malia todo, Figueroa asegurou que “hoxe non se pode valorar unha temporada única e exclusivamente por ocupación”, xa que hai que valorar a súa incidencia económica e iso faise tendo en conta “ocupación máis gasto medio por turista”, e este segundo está baixando con motivo da crise.

Reivindica o papel estratéxico do sector

Figueroa pediu a implicación de todos na defensa e promoción dun sector que se ten revelado como “estratéxico” para a provincia de Pontevedra, ao mesmo nivel ou incluso superior que outros como o da automoción ou o naval.

Referiuse así a un estudo encargado pola Deputación Provincial e que revela que, aínda que “non foi valorado por moitos na medida que lle corresponde”, o sector turístico resulta “estratéxico de cara ao futuro a medio e longo prazo, vai soportar mellor que ningún  outro a crise e vai ser unha fonte de riqueza para a provincia de Pontevedra”.

De feito, os datos do estudo revelan que o turismo representao 12% do PIB da provincia, dá traballo a máis de 40.000 persoas e ten unha facturación próxima aos 1.800 millóns de euros anuais.

A provincia de Pontevedra concentra o 43% das prazas de aloxamento de toda Galicia, con 1.115 establecementos e máis de 50.000 prazas de aloxamento.

Manter a calidade

Figueroa referiuse a que a garantía de futuro do turismo en Pontevedra pasa por manterse como “destino de calidade”, e asegurou que “aínda que haxa que pasar uns anos non demasiado bos, é importante manter a calidade dos servizos”.

Nesta liña, tras recoñecer a preocupación de todo o sector porque as reservas se están facendo cada vez máis tarde, destacou as iniciativas que as empresas están poñendo en marcha para captar a atención do cliente e poñer en marcha un “efecto chamada” que atraia visitantes.

“É un sector moi sensibilizado –dixo- e pon en marcha todo tipo de ofertas e facilidades para que os turistas e clientes poidan chegar aos seus negocios”. Unhas iniciativas que van desde axustar os prezos ata “ofertas de ocio, recreo, para nenos, accesibilidade”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: