Folga ITV -Vigo

 A CIG convoca dúas xornadas de folga parcial e concentracións nas ITV en resposta ao despedimento dun delegado

A empresa SyC, concesionaria do servizo, acusouno de facer un uso excesivo de horas sindicais durante a negociación do convenio

VIGO/15-06-12

A CIG anunciou hoxe o inicio dunha campaña de mobilizacións contra o despedimento dun delegado da central nacionalista no comité de Supervisión y Control (SyC), empresa concesionaria das ITV galegas. As protestas incluirán dúas xornadas de folga parcial e a celebración de concentracións de apoio en todas as estacións do país.

O anuncio foi feito hoxe en rolda de prensa polos responsábeis do Metal, que estiveron acompañados polo secretario comarcal de Vigo e polo propio afectado, Antonio Rosales, quen explicou que SyC resolveu co seu despedimento o expediente aberto por un suposto uso abusivo de horas sindicais durante a negociación do convenio colectivo de empresa que substituirá o do Metal da Coruña, xa que entende que se trata dunha falta moi grave.

Dende a CIG xa adiantaran unha “resposta contundente” na rúa e nos tribunais nada máis coñecer a decisión da compañía porque entende que se trata dunha manobra para desfacerse dunha persoa “combativa, coherente e respectuosa cos dereitos dos seus compañeiros/as”. Polo tanto, ademais de recorrer a medida nos xulgados, poñen en marcha un calendario de mobilizacións que inclúe unha convocatoria de folga de catro horas (de 8.00 a 12.00 horas) para os días 29 e 30 de xuño. Ao mesmo tempo, levarán a cabo concentracións en todas as estacións do país os días 18, 19 e 20 de xuño coincidindo co cambio de quenda (de 14.00 a 15.00 horas).

pie de foto: dereita a esquerda, Manolo Simón, secretario comarcal CIG-Metal Vigo; Serafín Otero, secretario comarcal da CIG de Vigo; Xosé Xoán Bouzas Aboi, secretario nacional CIG-Metal; Antonio Rosales, traballador despedido; e Serxio Fontanes, responsábel provincial de Negociación Colectiva

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: