VIGO RECIBE POR TERCEIRA VEZ la escoba de Platino

 O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu esta tarde en Madrid o máximo galardón en xestión de residuos e limpeza urbana Caballero agradeceu a cooperación da cidade e animou aos cidadáns a seguir nesta dirección.-A Escoba de Platino 2012 é o terceiro recoñecemento consecutivo que obtén a cidadeVigo, 14 de xuño de 2012.

 

O alcalde, Abel Caballero, recolleu esta tarde en Madrid o máximo galardón en xestión de residuos e limpeza urbana. A Escoba de Platino 2012 é o terceiro recoñecemento consecutivo que a cidade obtén nesta materia. O premio valora e distingue aquelas actuacións e traballos realizados para mellorar ou defender a xestión dos residuos, a limpeza e o aseo urbano. De carácter bianual, esta distinción -que xa foi concedida a Vigo en 2008 e en 2010- premia os esforzos e as realizacións coa intención de estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación que serven para mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a sostenibilidade das cida O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que o feito de acadar esta terceira escoba de platino é o recoñecemento ao esforzo que se fai desde o Concello “na mellora constante das nosas rúas”. “Queríamos un Vigo limpo e acadamos que Vigo sexa a cidade máis limpa de España”, enfatizou o rexedor. No ano 2010, a última edición deste premio bianual, Vigo resultou acredora da súa segunda Escoba de Platino, que agora repite polo “alto nivel de constancia” da cidade olívica en materia de limpeza urbana. O alcalde agradeceu a colaboración da cidade e animouna a seguir nesta liña para seguir avanzando. Así, Caballero incidiu na necesidade de facer que o lema “Vigo, a cidade máis limpa de España convértase nun gran reclamo” O acto, organizada por ATEGRUS (Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente), busca “distinguir aquelas actuacións e traballos que se realizaron para mellorar ou defender a xestión dos residuos, a limpeza e o aseo urbano en xeral das cidades”, segundo rezan as bases do concurso, claves polas que Vigo recibiu o seu máximo galardón..

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: