A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR PRESENTA OPROXECTO CONSTRUTIVO DA LONXA DE CESANTES, EN REDONDELA

Rosa Quintana anunciou que a execución dasobras sairá a licitación antes de finais deste ano.

  • O novo edificio consta de dúas plantas e a distribución foi consensuada coa comunidade portuaria
  • A Xunta achegará un investimento de máis de 630.000 euros para a construción do inmoble.

Santiago, 18 de xuño de 2012.-  A Consellería do Medio Rural e do Mar ten xa redactado o proxecto construtivo na futura lonxa de Cesantes, no concello pontevedrés de Redondela. A conselleira Rosa Quintana presentou esta mañá ante a comunidade portuaria, a Corporación e os veciños do municipio, o proxecto, elaborado por Portos de Galicia, e no que o seu departamento investirá 630.000 euros.

Quintana anunciou que unha vez finalizada a redacción do documento que rexerá as directrices construtivas do futuro inmoble, a Consellería ten previsto sacar a licitación as obras antes de finalizar este mesmo ano. Con esta actuación darase resposta a unha demanda do sector profesional de Redondela, mellorando as condicións de traballo dos mariñeiros e mariscadores do municipio.

A conselleira do Medio Rural e do Mar lembrou que Portos de Galicia realizou nos pasados meses un estudio das necesidades do porto de Cesantes, en coordinación cos representantes da comunidade marítima local. Nesta avaliación os propios axentes portuarios puxeron de manifesto a necesidade de priorizar a construción dunha nova lonxa, demanda que foi recollida polo ente público coa elaboración do proxecto de obra.

Os traballos previstos consistirán na demolición da actual lonxa e a construción dun novo edificio adaptado ás necesidades actuais dos profesionais. A superficie do novo inmoble será de 680 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas de 43 metros de largo por 9 de ancho. A distribución das estancias consensuouse coa confraría de xeito que se adaptase á maior operatividade para os profesionais

Na planta baixa proxéctase situar as estancias de actividade pesqueira e marisqueira: a zona de subhastas e a oficina de ventas, xunto con dous almacéns, vestiarios, aseos adaptados, local de limpeza, vestíbulo, sala de veterinario, cámaras de xeo e frío, entre outros espazos. A planta alta tería unha funcionalidade máis administrativa, ubicándose nela as oficinas, un laboratorio, sala de usos múltiples, sala de máquinas, aseos e terraza.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: