Ayuntamiento de Vigo 18-06-12


16 axentes da Policía Local vixiarán as zonas de costa durante os meses de verán

Vigo contará un ano máis coa sección Costa e Praia da Policía Local velando pola seguridade nos arenais da cidade. Segundo aseverou esta mañá o rexedor, son 16 efectivos, que entre 7 e 22,00 horas, realizarán, entre outras, funcións de protección do medio ambiente, seguridade cidadá e tráfico e seguridade vial.

 

Os sindicatos velarán pola prevención laboral nas obras de humanización do Concello

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que serán representantes sindicais os que velen pola seguridade laboral das obras de humanización impulsadas polo Goberno Local. Así o determina un convenio asinado entre Concello e UXT, CCOO e CIG por un valor de 45.000 euros.

 


O alcalde amósase disposto a asinar un convenio con COGAMI para a atención aos discapacitados


Abel Caballero mantivo este luns unha reunión con responsables desta entidade, quen plantexou a posibilidade de suscribir un convenio de colaboración entre as partes. O alcalde, quen recordou que o goberno local lles cede un local en Rivera Atienza, asegurou que “temos toda a vontade” de asinalo.

 


O rexedor felicita aos bombeiros de Vigo por gañar o campionato de España de fútbol 7

O alcalde de Vigo trasladou hoxe luns a súa felicitación aos bombeiros de Vigo que gañaron este ano o campionato de España de fútbol 7. Caballero loubou a actuación dos efectivos vigueses, que gañaron a rivais como Barcelona ou Madrid, cando en Vigo hai 135 axentes e nesas outras cidades a cifra de efectivos multiplica por 10 a desta cidade. Congratulouse polo triunfo deportivo deste corpo de seguridade así como pola “magnífica” calidade da asistencia que prestan.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: