Archivo | junio 18, 2012

Renovación de ikiMap, el servicio para crear y compartir mapas

¿Quieres saber cómo ha sido la vida de Mark Twain? ¿Conocer las notas que las agencias de calificación dan a cada país? ¿Ver cuales serán las sedes y estadios de los próximos Juegos Olímpicos? O simplemente, ¿saber algo más sobre los Siete Reinos donde se desarrolla la saga Juego de Tronos? Leer Más…

Xunta Persoal Docente Pontevedra​​​: Denuncia a negativa da Xefatura Territoria​l a proporcion​ar informació​n das supresións antes do 20 de xuño

As ordes polas que se regulamentan as adxudicacións de destinos provisionais para o curso vindeiro estabelecen que os centros educativos e as persoas afectadas deberán ser informadas das supresións antes do 20 de xuño. O artigo 40 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público cita entre as funcións das Xuntas de Persoal a de “Recibir información sobre a política de persoal… evolución probable do emprego no ámbito correspondente”. En exercicio desta función o día 6 de xuño presentamos un escrito no que solicitabamos recibir esta información da Xefatura Territorial e propuñamos como datas posíbeis os días 13 e 15 deste mes. Nun correo electrónico remitido pola Xefatura Territorial comunícasenos que non nos pode dar aínda esta información. Reiteramos nun escrito presentado o día 15 de que se nos recibise para nos entregar a información solicitada o luns día 18. A Xefatura Territorial negouse novamente a recibirmos argumentando que non posúe os datos solicitados. No entanto numerosos centros da provincia xa recibiron comunicacións das inspeccións de zona nas que se lles informa de supresións de postos de traballo Denunciamos a negativa da Xefatura Territorial a proporcionar á Xunta de Persoal a información, á que como representantes do profesorado temos dereito, e que afecta ás súas condicións de traballo, á oferta educativa á calidade do ensino público.

 CIG      CCOO      UGT      STEG