Ayuntamiento de Vigo. 20-06-12


O alcalde presenta o proxecto municipal de curtametraxes “Vigo límite 36 horas”

Organizado pola Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI) en colaboración co Concello de Vigo, o proxecto invita a producir, rodar e editar unha curtametraxe en 36 horas, baixo a temática “Vigo a través dos sentidos”. Xunto ao concurso, organízanse obradoiros de dirección de fotografía ou de rexistro de son directo, entre outros, do 27 de xuño ao 13 de xullo.

 


Caballero avanza que a Mesa Local de Comercio estuda crear unha segunda feira outlet en Vigo

O alcalde presidiu este mércores a reunión da Mesa, na que acordouse ademais dar entrada aos tres grupos políticos con representación municipal e a distintos representantes veciñais. Segundo informou Abel Caballero, acordouse analizar a venda ambulante e designar unha mesa permanente para gañar “fuidez” no traballo.

 


O alcalde anima á participación na carreira Nocturna de San Xoán, este sábado, na que estarán campión e campioa de 2011

Todo listo para a Nocturna de San Xoán, un evento que se gañou o dereito a chamarse tradicional ao cumprir agora 29 anos e non faltar á súa cita un só verán dende o 23 de xuño de 1984, cando se organizou a primeira carreira pola Asociación Viguesa de Atletismo. Esta é a única proba atlética local organizada entre dous séculos que gozou de continuidade.

 



Luisa Sobral

Luisa Sobral inaugura o 8º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

Unha estrela emerxente do jazz. Esa é a proposta do 8º Festival de Jazz de Vigo, organizado polo Concello, para o seu concerto inaugural. Luisa Sobral, disco de ouro en Portugal polo seu traballo The Cherry on my Cake, é a encargada de abrir Imaxina Sons o xoves 21 de xuño a partir das 22h na terraza do Auditorio “Mar de Vigo”. A cidadanía de Vigo está convidada a un concerto con acceso libre ata completar aforo. Será a primeira actuación de Luisa Sobral en Galicia.

 

Pechada ao tráfico a rúa Espiñeiro

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER-BARDERA, estarán pechadas ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO (Teis) e 1ª Trav ESPIÑEIRO, treito entre a rúa Maceiras e o Porto Deportivo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 20 de xuño de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: