BOSCH MANTIVO UN ENCONTRO CO ALCALDE DE CANGAS PARA ANALIZAR O ESTADO DAS INFRAESTRU​TURAS VIARIAS DO CONCELLO

 

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse hoxe ata o Concello de Cangas para manter un encontro co alcalde, José Enrique Sotelo, e xunto co xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • Posteriormente, reuniuse co alcalde de Moaña, José Fervenza, e cos responsables da Asociación de Xubilados de Domaio, quen lles trasladaron a necesidade de realizar pequenas reformas no local do club de xubilados.

Vigo, 19 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Cangas para manter un encontro co alcalde do municipio, José Enrique Sotelo, co fin de tratar o estado e execución das infraestruturas viarias correspondentes ao Goberno galego.

Xunto ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, e o xefe do servizo de Infraestruturas, Fausto Núñez, centráronse sobre todo no actual proxecto de mellora da seguridade vial e rehabilitación do firme da Travesía de Cangas, que abrangue os puntos quilométricos 19+100 ao 20+195, da estrada PO-551 e que nestes momentos se atopa en fase de licitación.

As obras, que contan cun investimento superior aos 400.000 euros, xa foron licitadas a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) e, coma lembraron os representantes da Xunta, é unha actuación  moi necesaria debido aos importantes danos que presenta o firme da estrada, sempre coa finalidade de mellorar a seguridade vial e a comodidade dos seus usuarios. Deste modo, e para que non interfira na etapa estival, a Axencia Galega de Infraestruturas xunto ao Concello de Cangas decidiu fixar o inicio desta actuación viaria para despois do verán, estimándose o mes de outubro coma data de inicio.

As unidades principais de obra centraranse no fresado do firme, estendido de mestura bituminosa en quente e colocación de sinalización e balizamento. Ademais da reposición de sumidoiros e 650 metros, de tubo de drenaxe, entre outros elementos. Deste xeito mellorarase un treito desta estrada dunha lonxitude total de 1.095 metros.

A previsión da Xunta é que os traballos desta actuación, que rematarán coa disposición e colocación da sinalización horizontal e vertical, finalicen este mesmo ano. A obra ten un prazo de execución de tres meses, e busca reparar os dous carrís que teñen un ancho de 3 metros e medio e unha beiravía de dous metros. Unha vez rematada a obra, esta actuación beneficiará a preto de 27.000 habitantes do Concello de Cangas e a súa área de influenza.

Durante o encontro, representantes da Xunta e alcalde, tamén trataron a posibilidade de colocar alumeado na avenida de Vigo, cuestión que será analizada dende o departamento de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: