Archivo | junio 21, 2012

Concello de Vigo 21-06-12


Caballero insta ao Ministerio de Fomento a ratificar a prioridade do AVE por Cerdedo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insta á ministra de Fomento a ratificar á prioridade do AVE por Cerdedo, unha vez que o secretario de Estado de Infraestructuras “levantou serios interrogantes” nunha resposta a unha pregunta da deputada Carmela Silva Rego sobre os prazos da chegada do AVE a Vigo.

 


Caballero destaca a participación da Policía Local en actividades de apoio social como o Discamiño

Un ano máis membros da Policía Local de Vigo emprenderán o Discamiño cara Santiago de Compostela, acompañando a un mozo vigués que sufre severas disfuncións físicas.

 


O Concello ampliará a cooperación co centro de educación especial Saladino Cortizo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o centro de carácter metropolitano no que reciben educación uns 80 alumnos e alumnas con distintos grados de discapacidade. O Concello ampliará a cooperación de cara ao próximo curso polo maior número de estudantes que alí se formarán.

 


O goberno local programa actos do Orgullo Vigo 2012 xunto á Asociación Nós Mesmas

A Concellería de Cultura e Festas maila asociación Nós Mesmas organizan o programa de actos do ORGULLO VIGO 2012 que terá lugar o venres 22 de xuño na Casa Galega da Cultura e na praza da Constitución a partires das 19,30 horas, con conferencia e actuacións en directo.

 


Caballero felicita ao alumnado do Seis do Nadal gañadores do Rebumbio Matemático de Galicia

O alcalde de Vigo recibiu este xoves aos alumnos e alumnas de sexto do Seis do Nadal que veñen de gañar a final do Rebumbio Matemático, competición formativa a nivel Galicia. Abel Caballero felicitou aos estudantes e ensalzou o traballo educativo deste centro escolar vigués.

 


Caballero di que o Concello está “encantado” cos “magníficos” últimos éxitos do deporte vigués en taekwondo, esgrima e fútbol sala

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe a un grupo de deportistas que lograron éxitos relevantes a nivel nacional e mundial para a cidade. Taekwondo, esgrima e fútbol sala son os tres deportes que este mesmo mes brillaron con luz propia e o Concello quixo facer ver ás entidades e aos protagonistas que está moi próximo aos seus logros.

 


A Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán

As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 (interior)) en horario de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar na web http://www.vigo.org no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Para máis información contactar no teléfono da escola 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

 


Rodrigo Amado “Motion Trio” + Paul Dunmall chegan a Imaxina Sons co seu laboratorio de improvisación

Na segunda xornada de Imaxina Sons o jazz procedente de Portugal continúa a ser protagonista, desta volta co saxofonista Rodrigo Amado e o seu Motion Trio. No concerto que ofrecen no Conservatorio Superior de Música este venres 22 de xuño a partir das 21h contan coa colaboración do músico británico Paul Dunmall. Comeza ademais a proposta máis noctámbula de Imaxina Sons: Jazz na Noite, ou o que é o mesmo, concertos nos clubs da cidade como peche da xornada. Abren o Jazz na Noite deste ano os integrantes do grupo coruñés Rúa Cega; fano no Xancarajazz (Rúa Isabel II, 6) a partir da 01,30h.

 



Luisa Sobral

O concerto inaugural de Imaxina Sons con Luisa Sobral transládase ao Auditorio Municipal do Concello

A persistente choiva do mércores 20 e durante a madrugada do xoves 21 conduciron ao concello de Vigo a mudar o escenario inaugural do 8º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ao non poder cumprir co plan de montaxes previstas. O concerto de Luisa Sobral trasládase ao Auditorio Municipal do Concello no mesmo horario (xoves 21, 22h) para así poder garantir a realización do espectáculo. Estaba previsto que a estrea de Imaxina Sons tivese lugar na terraza do Auditorio Mar de Vigo, nunha contorna ao aire libre, aínda que finalmente o factor metereolóxico dificultou a montaxe e a viabilidade do concerto, que supón a presentación en Galicia da cantante portuguesa. O concello de Vigo, organizador do festival, contempla nesta edición o cambio ao escenario cuberto do Auditorio Municipal, ante unha posible cancelación por condicións climatolóxicas adversas, daqueles concertos previstos en espazos abertos.

O concerto de apertura do 8º Imaxina Sons o xoves 21 de xuño no Auditorio Municipal do Concello, a cargo de Luisa Sobral, mantén o mesmo horario (22h) con entrada libre, pero co aforo máis limitado e con retirada previa de invitación. Desde as 21h, unha hora antes do comezo do espectáculo, a billeteira do Auditorio Municipal estará aberta para retirar os convites, sendo seis o número máximo por persoa.

O concello de Vigo prégalles disculpen as molestias orixinadas polo cambio e anímaos a gozar da oitava edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, cuxo programa se desenvolve desde hoxe xoves 21 até o vindeiro sábado 30 de xuño.

 

Xunta de Goberno Local

Concello de Porriño

EL COMPLEJO DEPORTIVO DELLOURAMBAL ESTE SÁBADO UNA FIESTA DE DESPEDIDA DE TEMPORADA

La Concejalía deDeportes colabora con el Porriño Industrial FC en la organización de estajornada festiva que dará comienzo desde las 10.00 horas con partidos de todas lascategorías, continuando por la tarde después de la comida con la final de lapromoción de ascenso a la Liga Gallegadel equipo Infantil A

Además seproyectará el partido España-Francia y se celebrará la tradicional hoguera deSan Juan con actuaciones musicales y atracciones hinchables.

teatro y música MAÑANA VIERNES enporriño

La Escuela de TeatroXerpo representará “Romeo Xulieta” en el centro cultural a las 20.30 horas yuna hora después la Bandade Müsica Xuvenil de Torroso ofrecerá un concierto en la plaza ArquitectoAntonio Palacios

El domingocontinuará la programación teatral con la obra “Homes” a partir de las 20.00horas
LA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PORRIÑO FALLA EL PREMIO DELCONCURSO DE HAIKUS

Ángela Garrido Iglesias yRocío Leira Castro, vecinas de Torneiros y Coruña, respectivamente, fueron lasganadoras de este certamen al que se presentaron 350 poemas

El alcalde Nelson Santosy la concejala de Cultura Teresa Veloso hicieron entrega del premio yagradecieron la buena acogida de esta iniciativa a todos los participantes y enespecial la colaboración de los docentes de los diferentes centros educativosde Porriño para desarrollar esta activad en las aulas

AXENDA // FESTIVAL SINSAL X // CHEGA SINSAL VERÁN

  CHEGA O VERÁN A SINSAL CON DOUS CONCERTOS NA TERRAZA DO AUDITORIO DO MAR DE VIGO ESTE DOMINGO INAUGURAMOS PARA SINSAL A TERRAZA DO AUDITORIO DO MAR CON JULIA HOLTER AO SOLPOR

 A PARTIRES DE MAÑÁ ENTRADAS Á VENDA PARA SINSAL SAN SIMÓN

Vigo, 24 de Xuño, 21:30. Terraza do Auditorio do Mar. Anticipada 10€ / Taquilla 12€

 JuliaHolter é unha das grandes revelacións do pop electrónicoactual, apostando por melodías etéreas e virtuosas sempre cun pe no clasicismo.

Vigo, 18 de xullo, 21:30. Terraza do Auditorio do Mar. Anticipada 18€ / Taquilla 20€  Destroyer é o proxecto persoal de Dan Bejar, compoñente tamén dos New Pornographers, unha máquina de pop fino con resonancias dos oitenta que converten o seu último álbum, Kaputt, nunha deliciosa colección de temas entre o jazz e o funk. Destroyer chega a Vigo no seu mellor momento.-A partires de mañá entradas á venda para Sinsal San Simón.-

  Illa de San Simón, 24 e 25 xullo.

30€ entrada anticipada (+ gastos de distribución)
35€ entrada normal (+ gastos de distribución)
Desconto do 50% para socios

As entradas sairán á venda a partires deste venres.
Máis información aquí.http://sinsalaudio.us2.list-manage.com/track/click?u=51f179b397d2b5a18cc1e767e&id=b349cab77a&e=6a5a08c5ed

A Fundación Otero Pedrayo entrega o PREMIO TRASALBA 2012 a Antía Cal

Este domingo 24 de xuño celébrase a tradicional festa literaria na Casa Museo de Otero Pedrayo.

A Fundación Otero Pedrayo celebra o domingo a súa tradicional festa literaria.

Na persoa de Antía Cal, prémiase tamén o compromiso dos educadores.

A Fundación Otero Pedrayo entrega este domingo na casa grande de Cimadevila (Trasalba, Amoeiro) o seu premio anual, que nesta ocasión foi para a profesora e pedagoga Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923), por toda unha vida entregada á formación de mozos e mozas, animadora da experiencia do Colexio Rosalía Castro en Vigo (1961), iniciativa privada que, dende a sociedade civil, impulsou en tempos da ditadura novas formas de entender a educación e o respecto pola lingua e a cultura galega. Leer Más…

Inauguración I MERCADO MEDIEVAL VIGOVELLO

  Os días 22, 23 e 24 de xuño (venres, sábado e domingo) celebraremos no Casco Vello de Vigo o I Mercado Medieval dinamización comercial e hosteleira consistente na instalación polas rúas do Casco Vello (Praza da Princesa, Porta do Sol, Praza da Constitución, Triunfo, Palma, Oliva, Praza da Igrexa, Praza da Pedra e Joaquín Yáñez) de uns 60 postos de venda de artesáns, ademais dunha importante decoración alusiva por todas as rúas nas que se sitúan os postos de venda, e actividades complementarias como pasarrúas, obradoiros, escenificacións teatrais e animación para nenos A inauguración do I Mercado Medieval realizarase mañá venres ás 10:00 na Praza da Pedra e estarán presentes o Alcalde de Vigo D. Abel Caballero e a Tenente Alcalde e Concelleira de Casco Históricos, Dna. Carmela Silva, así como a Presidente de Vigovello, Itos Domínguez.Este mercadiño forma parte dun grupo de catro mercadiños temáticos que a nosa asociación quere celebrar no Casco Vello: o mercadiño mariñeiro, o mercadiño medieval, o mercadiño de verán (tódolos sábados de xullo e agosto) no que todos os comerciantes e hosteleiros sacan á rúa os seus establecementos e o mercadiño de segunda man “VALEIRA O TEU TRASTEIRO”. O Concello de Vigo colabora con esta acción instalando os cadros eléctricos para iluminar os establecementos e coa autorización de ocupación da vía pública. que se desenvolverán durante toda a fin de semana.

Viagem Noturna ao Castelo Medieval de Valença

Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença

“Este percurso noturno insere-se na animação constante da Fortaleza de Valença, com o objetivo de transformar o Centro Histórico num museu vivo”.

                    A Câmara Municipal de Valença promove uma viagem às marcas do castelo medieval, na Fortaleza de Valença, sexta-feira, 22 de Junho, com um percurso pedestre noturno. O percurso começa nas Portas da Coroada com o espetáculo “Solar” de dança na paisagem, às 21h00. Leer Más…

San Xoán “Fogueira de Festas”

  •   O movemento Veciñal da cumprimento a tradición da celebración do San Xoán con fogueiras, sardiñas e música.

Este sábado, 23 de xuño, como todos os anos, as asociacións veciñais da cidade cumpren coa tradición da celebración do San Xoán e a chegada do verán. Festas que se fan polos barrios e parroquias a carón do lume ao son da música tradicional e degustando sardiñas, chourizos e viño nunha das celebracións con máis participación das celebracións populares. Leer Más…

O CETMAR ABORDA NUN SEMINARIO A APLICACIÓN DE TRATAMENTO​S BIOLÓXICOS NA XESTIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO SECTOR PESQUEIRO

  •  A xornada, que terá lugar o vindeiro 25 de xuño no edificio de sesións da Autoridade Portuaria de Vigo, centrarase no uso das algas e de subprodutos mariños nos procesos de compostaxe

Vigo, 21 de xuño de 2012.- O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR organiza o próximo luns 25 de xuño o seminario Potenciais aplicacións dos tratamentos biolóxicos na xestión dos residuos orgánicos no sector pesqueiro, que se celebrará no edificio de sesións da Autoridade Portuaria de Vigo.

O obxectivo da xornada, que será inaugurada pola directora-xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo, e polo presidente do Porto vigués, José Ignacio López Chaves, é ofrecer unha visión completa sobre este tipo de tratamento dos residuos, dende os seus fundamentos técnicos ata as tendencias e limitacións, facendo chegar respostas claras e útiles ao colectivo empresarial que queira facer uso deles para dar solución aos seus problemas ambientais.

A produción de subprodutos orgánicos de distinta natureza e orixe é un feito habitual e inherente a calquera actividade industrial e, polo tanto, ao sector pesqueiro en tódolos seus ámbitos. A súa correcta xestión segue a ser un tema aberto e en evolución, e en ocasións descoñecida por moitas empresas que padecen este problema e que buscan solucións a medida e acordes con criterios de sustentabilidade e responsabilidade.

Para dar resposta a esa busca, o seminario reunirá a expertos na materia do ámbito académico e empresarial que falarán dos fundamentos do termino compostaxe, do mercado do compost, da dixestión anaerobia, dos procesos industriais e da compostaxe de algas, entre outros asuntos.

Fotógrafos de la Agencia Magnum impartirán clases magistrale​s en Alcalá de Henares

 Del sábado 22 al lunes 25 de junio

Cuatro prestigiosos fotógrafos de la Agencia Magnum impartirán clases magistrales abiertas al público en Alcalá de Henares dentro de la programación de Campus PHE

Chang /Magnum Photos

PHotoEspaña y la Agencia Magnum Photos organizan cuatro talleres de fotografía impartidos por reconocidos fotógrafos de la agencia de fotógrafos más importante del mundo Abbas, Antoine D’Agata, Chien-Chi Chang y Bruce Gilden serán los maestros de esta edición de Campus PHE Grandes Maestros-Magnum Photos Workshops Como complemento a este programa de talleres para profesionales, cada uno de ellos ofrecerá una clase magistral gratuita y abierta al público en el Antiguo Hospital de Santa María la Rica Para asistir a las clases magistrales es imprescindible recoger invitación en la propia sede una hora antes del inicio de cada una de ellas

Más información: www.phe.es

MAÑÁ22 DE XUÑO, ACTUACIÓN DE RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO

Vigo, 21 de xuñode 2012. Oguitarrista e compositor Rubén de Lis actuará mañá día 22 de xuño (20:30 horas)en Detrás do Marco. O galego volveráfacernos vibrar coa súa guitarra e cancións coñecidas por todos, ademais dosseus propios temas (compostos e cantados por el).