A RAIA LOITADORA CONVÉRTESE NO PRIMEIRO PEIXE NACIDO EN CAUTIVIDAD​E NO ACUARIO QUE CONSEGUE SAÍR ADIANTE

   Xa fora de perigo, dende esta semana aclimátase o seu novo hábitat no interior dunha urna que a protexe do instinto predador doutras especies
Durante os dous últimos anos estivo sometida aos coidados especiais da equipa do acuario na zona de cuarentena
Xoves, 21 de xuño de 2012.- O Museo do Mar de Galicia está de noraboa. Loitadora, a pequeña raia cravuda (Raja Clavata) que nacía hai dos anos no Acuario, convive xa coas máis de corenta especies de vertebrados e invertebrados que habitan o tanque.
Loitadora convertese así no primeiro peixe que, tras nacer en cuatividade no acuario, consegue saír adiante grazas aos coidados especiais recibidos pola equipa de acuaristas e a veterinaria do museo, durante os dous últimos anos, na zona de cuarentena.

Polo de agora, xa fora de perigo e co tamaño adecuado para defenderse por si mesma, aclimátase á súa nova vida nunha urna protectora transparente para evitar que poida ser devorada por outras especies ata que alcance o tamaño suficiente.
Loitadora formou parte dun grupo de 89 ovos -as raias poden poñer dunha soa quenda ata 150-, e tivo que loitar moi duro, de ahí o seu nome, pois naceu prematura tras 7 meses de incubación.
As raias cravudas, tamén coñecidas como raias diamante ou bramantes, son peixes cartilaxinosos estreitamente emparentados coas quenllas, e poden alcanzar ata un metro de lonxitude. Viven en fondos areosos, fungosos ou limosos de ata 300 metros de profundidade e caracterízanse por posuír unha cabeza curta, unha dorsal cuberta de aguillóns e de manchas escuras irregulares -de cor grisácea ou marrón-, e a ventral branca. Aliméntanse fundamentalmente de crustáceos, moluscos e peixes pequenos.

Aínda que na actualidade esta especie non forma parte da lista vermella de especies ameazadas, se prevé que nun futuro próximo si poida estalo, polo que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza –IUCN- a considera unha especie “case ameazada”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: