Ayuntamiento de Vigo 22-06-12


O alcalde anuncia a celebración dun mercado tradicional no Casco Vello os sábados de xullo e agosto

Durante o acto de apertura do Mercado Medieval Vigo Vello, que ten lugar durante esta fin de semana, Abel Caballero adiantou que, en colaboración cos comerciantes da zona histórica, todos os sábados dos meses de xullo e agosto o Casco Vello acollerá un evento destas características, por ser o “corazón de Vigo”, apuntou o alcalde.

 


Caballero asistiu á apertura das xornadas policiais pola construción da nova Comisaría de Vigo

O alcalde de Vigo acudiu este venres á Estación Marítima para presenciar o acto de apertura das xornadas policiais por mor da construción da nova sede de López Mora, un evento que alongarase ata o 27 de xuño e pretende divulgar a historia e actividade da Policía Nacional mediante exposicións, documentais e conferencias.

 


O Concello xa ten rexistrados e con licenza de primeira ocupación os 50 pisos de Rosalía de Castro

A primeira teniente de alcalde, Carmela Silva, indicou hoxe venres que, logo de 17 anos, o Concello recibirá un incremento patrimonial “sen precedentes” froito do rexistro e legalización dos 50 pisos da rúa Rosalía de Castro que estaban a situación irregular. Silva avanzou esta mañá que estas vivendas xa son propiedade municipal e xa contan con licenza de primeira ocupación.

 

A tenente de alcalde critica que Xunta e Ministerio de Cultura renuncien a pagar as débedas co Marco

A tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, cualificou de “impresentable” tanto Xunta como Ministerio de Fomento renuncien a cumprir os compromisos que tiñan contraido co Marco. As débedas, dixo, son de 160.000 e 127.000 euros, respectivamente.

 


Abel Caballero recibiu ao comandante do cazaminas da mariña de guerra do Reino Unido

O alcalde mantivo este venres unha reunión oficial co comandante do buque cazaminas da mariña de guerra do Reino Unido “Ledbury”, Anthony Williams, que ven de atracar hoxe no Porto de Vigo, onde permañecerá en escala ata o próximo día 26 de xuño.

 


Festival de jazz de Vigo Imaxina Sons

Toda a programación do Imaxina Sons para esta fin de semana e luns en http://www.imaxinasons.com

 

OBRADOIROS GRATUITOS DE INTERNET PARA ADULTOS

 


FANZINE GB5: Exposición no Espazo EMAO

O 22 de xuño ás 19,30 horas, inaugurase unha nova mostra da Sala de Exposicións da EMAO, que permanecerá ata o día 18 de setembro (agosto pechada).Expo Fanzine GB5, é o resultado do proxecto de ideación e creación dun fanzine por parte de alumnado da especialidade de Serigrafía artística da Escola, baixo a coordinación do seu mestre, Nelson Villalobos. Nela despréganse os orixinais que se inclúen na publicación, bocetos, obra serigrafiada e orixinal sobre papel ata un total de 50 obras individuais. A través das obras e instalacións e videos que compoñen a mostra, danse a coñecer tamén os procesos de desenvolvemento da idea, creación, producción e impresión desta publicación, que será presentada o día da inauguración da Exposición.

 

Fin de semana

O primeiro fin de semana de verán ven cargado de propostas de ocio e culturais que poderedes consultar en http://www.vigocultura.org e http://www.turismodevigo.es
Sen dúbida o prato forte serán as fogueiras de San Xoán que se celebraran por todo o municipio.

 

Pleno da Corporación

 

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 4 DO PXOM, RELATIVA AO FONDO EDIFICABLE NAS ORDENANZAS 3 E 4 (EXPTE. 13145/411)

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: