Comunicado noite de San Xoan Vigo

  O CONCELLO VALIDA 19 FOGUEIRAS DAS 20 QUE PEDIRON AUTORIZACIÓN PARA A  NOITE DE SAN XOÁN

 
Os bombeiros percorreron durante este venres todas as asociacións ou colectivos que tiñan solicitado permiso para organizar unha fogueira na noite de San Xoán   

 
O servizo de bombeiros non puido validar, polo de agora, a fogueira  

  

Relación de entidades que solicitaron permiso:
IRMANDADE FESTAS SANTA ANA

AAVV NOSA TERRA ALCABRE

ASOCIACION AMIGOS OUTEIRO
AAVV SAN XURXO SAIANS

CLUB DE CAMPO DE VIGO

AA VV SAN MAMEDE ZAMANS

SOC.C. D. ATLANTIDA MATAMA

A.V.C.D. MONTE DA MINA

AA V OS VENTOS COMESAÑA

AAVV AS FONTES

UVCD CANDEAN

AAVV CASCO VELLO

ASOC. VECIÑAL NOVO VIGO

ASOC. VECIÑAL VAL DO FRAGOSO

SAN XOAN BAUTISTA FREIXO

REAL AERO CLUB DE VIGO

CRAC CORUXO

AA VV JOSE CASAS

CTO. VECIÑAL DE VALLADARES

SOC. CULTURAL E DEP. NAUTILUS

– Dezanove son os colectivos que este ano validaron, polo de agora, a súa fogueira para a noite de San Xoán. Os bombeiros de Vigo autorizaron este número sobre as 20 solicitudes recibidas a expensas de que a AAVV Jose Casas, de Bouzas, monte a súa fogueira; unha vez que estea montada o servizo de bombeiros procederá a súa inspecció En todo caso, todos os organizadores teñen que presentar un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura por importe de 150.000 euros a nome dun solicitante achegando conxuntamente o comprobante de estar de acordo no pago. Segundo o bando das normas para a noite de San Xoán, os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación a súa queima e o volume de material combustible non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura. A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores a demais obxectos que poidan resultar danados será como mínimo de 12 metros, con especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, ou en zonas con produtos inflamables. Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, aceites, …e calquera outra substancia que conteña líquidos inflamables que desprendan lumes tóxicos, así como se coidará non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión, aínda que estean baleiros. Tampouco está permitido facer fogueiras nas praias e preto de elementos que constitúen patrimonio histórico. No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados, asfaltados ou pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 centímetros en toda a superficie da fogueira. Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar, os responsables coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas e procederán á limpeza inmediata do espazo autorizado. En todos os casos, os solicitantes serán responsables directos dos danos que puideran ocasionar a terceiros.n .

 

 solicitada pola AA VV Jose Casas, de Bouzas, ao estar aínda sen montar

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: