O BNG acada o respaldo unánime do pleno para reclamar ao goberno local a apertura do Centro Galego de Fotografía 

Vigo, 25 de xuño de 2012.- O pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe por unanimidade a moción do BNG que insta ao goberno local a abrir o Centro Galego de Fotografía e realizar as xestións oportunas co Ministerio de Cultura, a Xunta de Galiza e a Deputación de Pontevedra para conseguir os recursos necesarios para o seu equipamento. Na defensa da iniciativa, Santi Domínguez criticou que dende que hai sete meses está rematado o edificio o goberno local non fixo nada para poñelo en marcha.

“Creo que non son conscientes do que teñen entre as mans”, manifestou o nacionalista, poñendo en valor a potencialidade do Centro Galego de Fotografía como referente cultural no eido fotográfico, ao contar con coleccións como a do Arquivo Pacheco, Ksado, e as Fotobienais, entre outras. Lembrou ademais o traballo desenvolvido polo BNG na lexislatura pasada a través da Concellería de Cultura, ao potenciar o Museo Quiñones de León como Museo da Cidade, a Pinacoteca, ou as musealizacións de Toralla e O Castro.

Santi Domínguez asegurou que o problema da apertura desta infrestrutura cultural non é a falta de cartos ou os problemas urbanísticos,  tal e como argumentou a tenente de alcalde, Carmela Silva, na súa intervención. “O problema non é que non hai cartos, senón que chegaron vostedes ao goberno como un elefante nunha cacharrería”, destacou, asegurando que o equipo de goberno no saben que facer co Centro Galego de Fotografía igual que non saben facer co Museo Liste ou co CAT.

O Concello reclama ao Ministerio de Cultura e Consellería de Cultura que aboen ao Marco as achegas comprometidas para 2011

Vigo, 25 de xuño de 2012.- Co apoio do grupo socialista e a oposición dos populares, o BNG sacou adiante a emenda de engádega á moción do PSOE para instar ao Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura que aboen ao Museo Marco os 287.000 euros comprometidos correspondentes ao ano 2011. Xabier Alonso destacou que estas dúas administracións tiñan o compromiso “firme e por escrito” de facer os ingresos e explicou que a Xunta tiña comprometidos 160.000 euros e o goberno central 127.000 euros.

O concelleiro nacionalista fíxose eco ademais das consideracións dunha auditoría externa que alerta da “incertidume significativa sobre a capacidade da Fundación para continuar coas súas operacións” e que recolle  as dificultades de supervivencia do museo. Por outra banda, destacou que este ano o Marco cumpre 10 anos, que quere celebrar cunha exposición sobre o Prestige. “Agardamos que a poida celebrar”, sinalou.

Emenda accesibilidade

Por outra banda, o pleno aprobou por unanimidade a emenda de substitución presentada polo BNG á moción do PP sobre accesibilidade. Tras chamar a atención sobre a diferencia entre a intervención da concelleira popular e a moción dictaminada na comisión informativa, Santi Domínguez subliñou que o BNG aspira a que todos os parques infantís sexan accesibles para todos os nenos e nenas, polo que propuxo a substitución do documento.

O BNG apoia as modificacións de crédito e cualifica de vergonzosa a abstención do goberno local

Vigo, 25 de xuño de 2012.- O grupo municipal do BNG apoiou este luns o plan económico e financeiro polo desequilibrio na liquidación orzamentaria de 2011, así como as modificacións de crédito levadas ao pleno polo goberno local para facer fronte aos pagamentos de distintas resolucións xudiciais e as dédebas sen cobertura orzamentaria. Iolanda Veloso asegurou que cómpre aprobar ese plan “para garantir a estabilidade económica do Concello”, ao tempo que cualificou de vergonzosa a abstención do goberno local na segunda das modificacións orzamentarias.

“O BNG opina o mesmo no goberno ou na oposición”, dixo Iolanda Veloso a respecto da cohencia do grupo nacionalista nas votacións das modificacións, xa que a referida ao pagamento das sentenzas urbanísticas resultou aprobada por unanimidade mentres que na referida ao pago de débedas sen cobertura orzamentaria (como as obras do edificio do Areal, da época de Corina Porro como alcaldesa), o grupo socialista abstívose.

A concelleira nacionalista criticou a presentación destes dous expedientes diferentes que segundo valorou “teñen a mesma orixe”. Ao seu xuízo hai unha intencionalidade  claramente política en presentar por separado es expedientes e resulta vergonzoso que o PSOE anuncie a súa abstención. “Fronte á práctica da chapuza tampouco nos vale a liorta entre os partidos”, subliñou.

A respecto do plan económico financeiro, aprobado coa abstención do PP, Iolanda Veloso destacou que en cumprimento da lei de estabilidade financeira o Concello de Vigo vese obrigado a levalo a cabo debido a que parte dos ingresos previstos procedentes da Xunta e o Estado non foron recadados no seu momento, así como pola elevada xestión orzamentaria. Criticou por outra banda, que os únicos argumentos en contra esgrimidos polo PP se refiran ao prezo do informe solicitado polo goberno local.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: