A CIG convoca unha concentración en solidariedade cos dous compañeiros da federación de Servizos aos que lle reclaman tres anos de prisión

Os acusados formaban parte dun piquete na folga do comercio de alimentación da Coruña e Pontevedra en 2009
A Confederación Intersindical Galega convoca mañá en Pontevedra unha concentración solidaria coincidindo co xuízo a dous compañeiros da federación de Servizos aos que lle reclaman tres anos de cadea por ter participado na folga do comercio de alimentación na Coruña e Pontevedra en 2009. Marcos Cadórniga e Carlos Aján están acusados, xunto a un sindicalista de CCOO que tamén participaba no piquete, dun delito contra a liberdade dos traballadores/as.

A CIG ten convocada unha concentración fronte aos Xulgados da Parda, en Pontevedra, mañá a partir das 10.00 horas, media hora antes de que dea comezo no Penal número 1 o xuízo contra Cadórniga, liberado de CIG-Servizos, e Alján, delegado da central nacionalista en Froiz.

Dende a CIG-Servizos rexeitan o proceso contra os dous sindicalistas e critican a actitude da xudicatura, das forzas policiais e dos subdelegados do Goberno español, aos que acusan de perseguir os militantes da CIG pola súa conciencia combativa. “Mentres os responsábeis da crise económica continúan a vivir con total impunidade vemos como se persegue a sindicalistas”, censuran.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: