Concello de vigo 26-06-12

O Pleno aproba facer fronte a sentenzas xudiciais de 2006 e facturas atrasadas pendentes de pago

A Corporación Municipal deu este luns o seu visto bo ao pago total de 2,8 millóns de euros para cumplir con dúas sentenzas xudiciais do ano 2006 e facturas -tamén anteriores- pendentes de pago a proveedores, en base á recente normativa aprobada polo Goberno de España.

 

PSOE e BNG instan á Xunta a integrar CEDRO no Servizo Galego de Saúde

Socialistas e nacionalistas aprobaron na sesión plenaria de hoxe luns unha moción do PSdeG-PSOE na que se socicita á Xunta a integración orgánica de CEDRO no Servizo Galego de Saúde.

 

A Corporación pide a apertura do Centro Galego de Fotografía “no prazo máis breve posible”

A moción presentada polo grupo municipal nacionalista, e aprobada pola unanimidade dos corporativos, reclama do goberno local a apertura deste centro, realizando as xestións oportunas ante a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Goberno de España para “conseguir os recursos necesarios para o seu equipamento”.

 

O Pleno solicita a convocatoria da Comisión de Vixiancia da Contratación

Todos os grupos políticos deciron hoxe luns solicitar a convocatoria da Comisión de Vixiancia da Contratación, seguindo o regulamento orgánico do Concello, para garantir os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e eficacia na contratación pública.

 

O Concello adxudica as prazas para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa 2012

Esta iniciativa didáctica ten como obxectivo primordial ofrecer aos alumnos/as de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo

 



Suelen Estar Quartet

Suelen Estar Quartet: os sons contemporáneos do grupo vigués suben ao escenario de Imaxina Sons o martes 26 de xuño

O Festival de Jazz de Vigo continúa a súa oitava edición o martes 26 de xuño no escenario do MARCO ás 20.30h con Suelen Estar Quartet, unha formación xurdida na nosa cidade. Desde o punto de vista creativo, Suelen Estar Quartet é un dos proxectos máis interesantes xurdidos no ámbito musical en Galicia nos últimos tempos. Desde Vigo este cuarteto desenvolve un traballo de investigación ao redor da improvisación e dos sons contemporáneos. Macarena Montesinos, violoncello, Saul Puga, contrabaixo, Elena Vázquez, violín, e María José Pámpano, viola, uníronse para propoñer unha experiencia heteroxénea que envolve a audiencia.

 


Exposición “No país das vacas” de Xurxo Lobato

Ata o xoves 26 de xullo, estará exposta na praza de Compostela a obra do artista Xurxo Lobato titulada “No país das vacas”, que ten por obxecto pór en valor o seu papel como referente de desenvolvemento no mundo rural; a mostra ten un carácter divulgativo sobre o mundo da vaca en Galicia e pretende ser un tributo visual, explicar como vive, de que vive e quen vive dela, e poñer en valor o sector gandeiro galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: