Nota prensa Santos Héctor Permanente PSdeG

 Vigo, 25 de xuño de 2012.

Héctor, informou este luns á Permanente do PSdeG que Carmela Silva, a través do alcalde de Vigo, puxo o venres en coñecemento do Secreratrio Xeral do PSOE e do Secretario de Organización, Oscar Lóepz, a súa vontade de renunciar a un dos seus cargos no momento no que o Secretario Xeral decidira que lle era de aplicación a normativa de incompatibilidades. Santos Héctor puxo en coñecemento da Permanente que Carmela Silva non ten ninguna intención de manterse en dous postos e así o comunicou ao Secretario Xeral e ao Secretario de Organización, Oscar López, máis aló da compatibilidade que manteñen 25 deputados e senadores doutras comunidades autónomas. Hector puxo en coñecemento da Permanente que Carmela Silva comunicara ao Secretario Xeral e ao de Organización, Oscar López, que, no caso de ter que optar, optaría por permañecer no Concello de Vigo.

Así pois, Carmela Silva aceptará a decisión que se adopte na Executiva Federal. Á vista de todo isto, que pon de manifesto a aceptación absoluta do que decida a Federal, non se entende, se non no apartado de persecución, a decisión da Permanente do PSdeG de anunciar que levará á Executiva a apertura dun expediente, porque este expediente só pode ser aberto por unha Comisión Executiva, e neste caso a competencia sería da Federal. Pero ademais, a Permanente incorre en abuso de poder ao anunciar algo para o que non ten competencias. Lamentamos que a Permanente, ante a súa incapacidade absoluta de facer oposición ao señor Feijóo, decida fortalecerse cun ataque interno moi propio do secretario xeral do PsdeGPSOE a unha deputada que, de número 2 da lista de Vigo, obtivo un dos mellores resultados electorais de España. Por iso, aconsellamos á Comisión Permanente e á Executiva do PSdeG-PSOE que fagan política, que defendan os cidadáns e se olviden das persecucións internas que tanto parecen gustarlles.

O secretario provincial do PSOE en Pontevedra,

Santos Héctor Rodríguez

– O secretario provincial socialista en Pontevedra, Santos 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario