O IGVS PUBLICA AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE ADXUDICACIÓN DE 18 NOVAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA REHABILITADAS POLO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO

  • As listas xa se poden consultar na web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ou na do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV).
  • Un total de 74 solicitantes foron admitidos, e agora procederase ao sorteo das vivendas, que será público e ante notario, o vindeiro 2 de xullo no salón de actos do edificio administrativo da Xunta. 
  • As 18 novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo CCVV se atopan nas rúas San Sebastián, Ferraría e Hortas, teñen entre 1 e 3 dormitorios e uns prezos que oscilan entre 77.139,08 euros e 193.158,11 euros.

Vigo, 25 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos para o procedemento de adxudicación de 18 novas vivendas de protección autonómica (VPA) de réxime concertado rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) -participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo- e que se atopan nas rúas San Sebastián, Ferraría e Hortas, todas elas na parte alta do barrio antigo da cidade.

As listas definitivos de admitidos e excluídos, con indicación da causa da exclusión, xa se poden consultar a través da web do IGVS: no enlace http://igvs.es/web/igvs/15 e tamén a través da páxina web do CCVV (www.consorciocascovellovigo.org).

O número total de solicitantes que agora participarán no sorteo é de 74, tras resultar excluídos 36  O seguinte paso, é proceder ao sorteo, público e ante notario, o vindeiro 2 de xullo, no edificio da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Tras isto coñeceranse así os 18 adxudicatarios definitivos das vivendas.

Tras publicar o  Instituto Galego de Vivenda e Solo a resolución pola que se daba inicio ao procedemento o pasado 26 de abril, foron 110 as persoas que, no prazo establecido, decidiron inscribirse neste novo procedemento de adxudicación de vivendas de protección autonómica que oferta o CCVV e que supón poñer en marcha unha terceira fase de adxudicación de vivendas en réxime de compravenda por parte do Consorcio, presidido pola delegada territorial da Administración autonómica na cidade, María José Bravo Bosch.

Os 18 pisos que se atopan nas rúas San Sebastián, Ferraría e Hortas, teñen entre 1 e 3 dormitorios e uns prezos que oscilan entre 77.139,08 euros e 193.158,11 euros. Nesta terceira fase de vivendas en réxime de compravenda que o CCVV pon no mercado, é a primeira vez que existen pisos de 3 habitacións.

As 18 VPA están nestes momentos en plena execución das súas obras e estímase que estean rematadas durante o período estival. Son as seguintes:

-(Expediente P09-VC-0037/10 do IGVS)  Ferraría 11-13-15-San Sebastián 1- 3-5-7:

9 vivendas: 4 dun dormitorio, 3 de 2 dormitorios e 2 de 3 dormitorios. As superficies van dende os 56,60 m2 e 108,90 m2 e os prezos oscilan entre 100.392,55 euros e 193.158,11 euros.

– (Expediente P09-VC-0001/11 do IGVS) Hortas 10-12 :

5 vivendas: 3 de 2 dormitorios e 2 dun dormitorio. As superficies van dende os 66,67 m2 e 107,89 m2 e os prezos oscilan entre 118.253,91 euros e 191.366,65 euros.

– (Expediente P09-VC-00002/11 do IGVS) San Sebastián  8-12-14:

4 vivendas: 2 dun dormitorio e  rocho e 2 de 2 dormitorios e rocho. As superficies van dende os 43,49 m2 e os 75,52 m2 e os prezos oscilan entre os  77.139,08 euros e os 133.951,33 euros.

As vivendas adxudícanse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e optan ás mesmas os inscritos en dito rexistro no Concello de Vigo e no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, no apartado de compra.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: