Presentadaa primeira tese galega en formato electrónico

‘Casa,familia e comunidade na Idade do Ferro no NW’, do arqueólogo XurxoAyán, racha cos vellos prexuízos academicistas relacionados comundo castrexo
Santiagode Compostela, 25 de xuño.  A arqueoloxía é a ciencia que seencarga de estudar e reconstruir o noso pasado, pero tamén sabeadaptarse aos novos tempos e aproveitar as novas tecnoloxías paraproxectarse no futuro. Así o entendeu o arqueólogo e investigadordo CSIC, Xurxo Ayán, que acaba de publicar a súa tese, ‘Casa,familia e comunidade na Idade do Ferro no NW’, en formatoelectrónico. Trátase da primeira tese que se edita en e-book enGalicia e unha das primeiras en España no ámbito das Humanidades eCiencias Sociais.

«Oobxectivo é innovar, socializar o coñecemento e poñelo ao servizodas novas tecnoloxías», asegurou Ayán durante a presentacióndo seu libro, que tivo lugar este luns no Salón de Actos do CSIC.»Deste xeito, a obra estará na rede e calquera investigador oulector poderá descargala en calquera parte do mundo.

En’Casa, familia e comunidade na Idade do Hierro do NW’ deféndese unhaArqueoloxía Pública que chegue á sociedade rompendo os vellosprexuízos academicistas e cientificistas. Neste sentido, a propiapublicación da obra responde a este enfoque, superando o modelo decustosa publicación en papel, de prezo prohibitivo e dirixida a unpúblico erudito e especializado.

Historiacrítica da Arqueoloxía galega

Atese, de mil páxinas, maquetadas a todo cor, achega a primeirahistoria crítica da Arqueoloxía galega, de carácter global, desdeo século XIX até a actualidade.

Aobra rompe prexuízos e tópicos asentados sobre a Idade do Hierro enGalicia, desenvolvendo liñas de traballo novas como a Arqueoloxíada Arquitectura e a Etnoarqueología. O libro estará dividido entres partes que se poderán adquirir na tenda electrónica deXurimaru na editorial online www.redelibros.com ao prezo de 3,99 euros cada volume. Se se mercan os tres libros, oprezo será de 9,99 euros.

Oprimeiro libro da tese está dedicado ao estudo do espazo domésticode seis grupos tribais da fronteira entre Etiopía e Sudán (entre2006 e 2010) como referente comparativo co mundo dos castros do NW.

Osegundo libro desenvolve unha lectura antropolóxica e sociolóxicado mundo da vivenda desde a prehistoria até a romanización,mostrando as rupturas e continuidades e a influencia dos factorespolíticos e ideolóxicos (xerarquización social, ritualización doespazo doméstico, monumentalización da casa, son procesos materiaisque reflicten estruturas sociais). O autor utilizou para a súa obradatos das súas escavacións en castros tan importantes como o deMontealegre, Neixón, A Lanzada ou Castrolandín.

Aterceira parte é un libro sobre as relacións entre cultura populare cultura científica en Galicia a partir da análise da casacastrexa en parques arqueolóxicos, aulas didácticas, museos,manuais escolares, cómics ou escenografías arquitectónicas noimaxinario colectivo galego. A tese rompe co modelo tradicional detese académica, xa que se estrutura de maneira transversal concapítulos elaborados a modo de ensaio, cun ambicioso e amploaparello gráfico

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: