A ONCE DEDICA O CUPÓN DO 8 DE XULLO AO ANO INTERNACIO​NAL DO COOPERATIV​ISMO

  • Este cupón, presentado pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, servirá como acto previo ao Encontro internacional cooperativo que se celebra en Santiago os días 5, 6 e 7 de xullo
  • O cupón da fin de semana da ONCE ofrece, por dous euros, un premio de 6.000 euros ao mes, durante 25 anos ás cinco cifras máis a serie
  • No Encontro internacional estarán representadas unhas trinta cooperativas e organismos vinculados ao fomento desta fórmula empresarial de Galicia, España e países como Ecuador, Arxentina, Perú, Bélxica, Francia ou Portugal
  • Os asistentes abordarán temas como o cooperativismo ante a crise mundial ou as novas fórmulas de cooperación

Santiago, 27 de xuño de 2012.- A ONCE dedicará o cupón da fin de semana do domingo  8 de xullo ao Ano Internacional do Cooperativismo, que se celebra este 2012. Cinco millóns de cupóns levarán este motivo por toda España. Con esta iniciativa, a organización quere apoiar o papel das cooperativas no desenvolvemento económico e social.

O cupón da fin de semana da ONCE ofrece, por dous euros, un premio de 6.000 euros ao mes, durante 25 anos ás cinco cifras máis a serie, que pode aumentar cun premio adicional ao contado cando salga a ‘bola especial’ de color vermello.

Este cupón, presentado hoxe pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez, servirá como acto previo ao Encontro internacional cooperativo que se celebrará en Santiago de Compostela os días 5, 6 e 7 de xullo e que contará coa presenza de cooperativas europeas e iberoamericanas.

Este foro está organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co Consello galego de cooperativas. As xornadas terán lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia e nelas estarán representadas unhas trinta cooperativas e organismos vinculados ao fomento desta fórmula empresarial de Galicia, España e países como Ecuador, Arxentina, Perú, Bélxica, Francia ou Portugal

Baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”, presentaranse experiencias que destacan polo exercicio dos valores cooperativos e abordaranse especificamente as liñas de actuación públicas e privadas para o fomento do cooperativismo. Poden participar todos aqueles que así o desexen, cubrindo o boletín de inscrición na web da organización.

Os expertos e asistentes abordarán temas como o cooperativismo ante a crise mundial ou as novas fórmulas de cooperación. As xornadas técnicas supoñen unha oportunidade única de coñecer outras experiencias de éxito e comparar os sistemas propios cos que se están a desenvolver noutros países, así como recoller ideas para novos proxectos emprendedores.

O Encontro Internacional forma parte dun programa conmemorativo máis amplo do Ano Internacional do Cooperativismo. Nel inclúese a celebración do Día do Cooperativismo Galego, coa entrega dos Premios ao Cooperativismo; unha mostra Cooperativa de produtos e servizos cooperativos; e unha exposición dos traballos gañadores do Concurso de Pósters e Fotografías, convocado polo Consello Galego de Cooperativas.

Entre 2009 e 2011 as cooperativas españolas crearon en España 28.558 novos postos de traballo. Neste mesmo período constituíronse 3.083 novas cooperativas. A viabilidade desta fórmula empresarial en España, que actúa en todos os sectores económicos, queda demostrada polas 22.178 cooperativas existentes, responsables de 282.631 empregos, aos que hai que engadir máis dun millón de agricultores e gandeiros asociados a cooperativas agroalimentarias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: