O BNG insta ao goberno a apoiar a proposta da Federación Galega de Balonmán para que Vigo acolla os campionatos por autonomías de infantil, cadete e xuvenil

Vigo, 27 de xuño de 2012.- O concelleiro do BNG, Xabier Alonso, afirmou este mércores que o grupo nacionalista apoia a proposta da Federación Galega de Balonmán para que Vigo acolla os campionatos de España por autonomías das categorías infantil, cadete e xuvenil do 2 ao 8 de xaneiro do vindeiro ano. Segundo Xabier Alonso, esta iniciativa debe contar co respaldo do Concello vigués co obxectivo de que a cidade siga sendo referente na organización de eventos de gran repercusión deportiva e turística.

Xabier Alonso reclama “esforzo” ao goberno local para que Vigo “non perda a oportunidade de albergar este campionato”, que permitirá que a cidade sexa “escaparate” para todo o Estado español nesta disciplina. Segundo destacou o nacionalista, na cidade “temos espazo para albergar estas tres competicións simultaneamente”, como xa ten acontecido cando o BNG tiña responsabilidades de goberno no eido deportivo.

Para o nacionalista, cómpre facer esforzos para que Vigo se manteña como referente na organización de eventos que son rendibles dende o punto de vista económico polo retorno que supón colgar o cartel de completo do 2 ao 8 de xaneiro na hostelería e os restaurantes vigueses. Neste sentido, apuntou que a competición se celebrará en periodo vacacional escolar, polo que os pais e nais dos deportistas aproveitan as vacacións dos seus fillos e fillas para acompañalos nos desprazamentos.

“Ter en Vigo arredor de 5.000 persoas, entre deportistas e familiares, supón un retorno económico de arredor de 2 millóns de euros, e na época de crise que vivimos é necesario aproveitar estas oportunidades”, destaca Xabier Alonso, que tamén indica que xa ten observado como noutras ocasións os familiares dos deportistas retornan a nosa cidade. Tendo en conta estes datos, o concelleiro asegura que “paga a pena facer esforzos para que este evento se celebre en Vigo”.

Por outra banda, o concelleiro lembra que a Asociacións de Hosteleiros se ten manifestado moi positivamente sobre as anteriores edicións deste evento que se teñen celebrado na cidade. “Agardo que o goberno local apoie esta iniciativa da Federación Galega de Balonmán, que fai un gran traballo para potenciar o deporte de base; de non ser así o demandaremos no pleno da corporación”, sinala.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: